Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVARÁ O PECHE PERIMETRAL, CONSTRUÍRÁ UN MURO DE CONTENCIÓN E MELLORARÁ A CANALIZACIÓN DE PLUVIAIS NO PUNTO LIMPO MUNICIPAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación conta cunha subvención dos fondos NextGenerationEU de 73.443 euros, que representa o 90% do importe total.

Sanxenxo, 12 de setembro de 2025.- O Concello de Sanxenxo renovará o peche perimetral, construirá un muro de contención e mellorará a canalización de pluviais do Punto Limpo “As Cereixeiras”. A actuación terá un custo total de 82.038 euros e conta cunha axuda de fondos europeos de 73.443 euros. A actuación será executada pola empresa Caldevergazo e o prazo de execución é dun mes.

O peche perimetral das instalacións atópase nun importante estado de deterioro con zonas onde se desequilibran os postes de sustentación da malla do peche existente. Na fronte da parcela existe un desnivel entre os terreos que afecta á zona de acceso, e por este motivo, considérase a necesidade de realizar un pequeno muro de contención dos terreos para evitar caídas do mesmo cara á propiedade lindante e que se deteñan a plataforma horizontal que serve de aparcadoiro e acceso a estas instalacións.

Pola súa linde leste, existe unha propiedade na cota superior que en épocas de choivas ocasiona entradas de auga cara a estas instalacións, polo que se expón a posibilidade de realizar unha pequena canalización superficial para reconducir estas augas pluviais cara á rede de evacuación de augas e evitar a entrada das mesmas nestas instalacións.

logos

0
0
0
s2sdefault