Concello de Sanxenxo - EDUCACIÓN PORÁ EN MARCHA UN OBRADOIRO DE SAMAÍN O 31 DE OUTUBRO E O 3 DE NOVEMBRO CON UN TOTAL DE 75 PRAZAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade desenvolverase no pavillón de Nantes entre as 9 e as 14:30 horas

Sanxenxo, 9 de outubro de 2025.- A Concellería de Educación, dirixida por Nati Parada, porá en marcha un Obradoiro de Samaín o 31 de outubro e o 3 de novembro cun total de 75 prazas, coincidindo con dous días escolares non lectivos. A actividade, pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, realizarase no pavillón de Nantes de 9 a 14:30 horas. “A idea é proporcionar unha actividade lúdica á rapazada do municipio e facilitar ás familias que traballan unha opción de conciliación”, apunta.

A actividade incluirá un obradoiro de máscaras e disfraces caseiros; cociña monstruosa con elaboracións con temática de terror; xincana do terror, na que os participantes deberán superar unha serie de probas e espertar a cabaza que protexe ao pobo do monstro Samaín; un obradoiro de pocións máxicas para afastar os monstros; unha busca de cabazas encantadas na que terán que descubrir as sete pistas para atopar as cabazas encantadas e un feirón terrorífico, onde os nenos e nenas se divertirán nos distintos postos nos que haberá tiro á cabaza, pesca de arañas, atrapa o fantasma, cubo de pócimas e retos da momia.

O prezo é de 10 euros e o prazo de inscrición será desde o martes 14 ata o 27 de outubro, ás 9 horas, a través da sede electrónica do OA Terra de Sanxenxo. Se o tempo o permite, realizaranse obradoiros e actividades no exterior. Trátase de achegar a tradición da antiga festa celta dun xeito lúdico e dinámico.

  • Prazas limitadas (75) adxudicaranse por orde de inscrición.

-        A inscrición realizarase no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo de calquera das seguintes maneiras:

  • Presencial na Casa do Concello (Avda. Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo).
  • Na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo: https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal(Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autenticación Cl@ve)

Antes de formalizar a inscrición deberase facer o pago do prezo correspondente decalquera das seguintes maneiras:

                 * A través da OVT do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.ovt.gal/) no enlace Servizos dispoñibles sen Certificado Dixital >> Autoliquidacións (concepto: Prezo público servizos 

                     educativos (obradoiros e actividades puntuales)

                 * Presencialmente seguindo os seguintes pasos: 

    1º.- Solicitando o documento de pago na Tesourería do Concello ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    2º.- Realizando o pago en ABANCA ou Banco Sabadell.

  • Documentación a presentar:
    • Libro de familia
    • Tarxeta sanitaria (no caso de producirse algún accidente durante a actividade a asistencia sanitaria correrá a cargo do seguro do pai/nai/titor/a do alumno/a).
  • No caso de nenos/as con diversidade funcional esta deberá permitirlles participar con autonomía na actividade.
  • Prezos:
    • Empadroados: 10,00 €      Non empadroados: 12,50 €
0
0
0
s2sdefault