Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PON EN MARCHA A CAMPAÑA “STOP TOALLIÑAS” NOS CENTROS EDUCATIVOS DO MUNICIPIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Sanxenxo, 4 de febreiro de 2025.- O Concello de Sanxenxo, en colaboración coa concesionaria Espina e Delfín, puxo hoxe en marcha unha campaña “Stop Toalliñas” para concienciar ao alumnado da problemática medioambiental que causa tirar toalliñas polo inodoro. Os concelleiros de Medio Ambiente, Yago Torres, e de Educación, Nati Parada, asistiron esta mañá á charla que a técnica de Medio Ambiente, Mela Deza, realizou nos colexios de Nantes, Cruceiro e Telleiro. A actividade continuará nos colexios de Portonovo, Abrente, Magaláns e A Florida para o alumnado de 3º e 4º de Primaria.

A través dun vídeo, un díptico e unhas pegatinas, acompañados das correspondentes explicacións, búscase poñer fin a un problema que causa un importante gasto ao Concello e un problema medioambiental. Cada ano recóllense 80 toneladas de residuos no inodoro, o que supón un gasto de 240.000 euros en reparacións e traballos de limpeza da rede de saneamento. A idea é que os titores poidan continuar traballando o tema na aula e que a mensaxe chegue aos seus fogares.

O principal obxectivo desta campaña é concienciar ao alumnado de que as toalliñas non son biodegradables, ao contrario que o papel hixiénico. Este último desintégrase na auga case por completo, nun 95%. O uso inadecuado que se fai da rede de alcantarillado das vivendas coa eliminación a través do inodoro das toalliñas remata formando importantes atascos e pon en perigo o seu correcto funcionamento, provocando contaminación dos ríos e mares.

0
0
0
s2sdefault