Concello de Sanxenxo - COMEZAN OS TRABALLOS DE FRESEADO NA RÚA CESTEIROS E VIÑA DA FONTE COMO FASE PREVIA Á PAVIMENTACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O tráfico rodado desviarase en momentos puntuais dos traballos polas rúas Cesteiros, Panadeira e paso inferior da Rúa Madrid

Sanxenxo, 15 de decembro de 2025.- A mellora das rúas da contorna do mercado de Sanxenxo entra na súa recta final co freseado previo á pavimentación. Os traballos comezaron esta mañá co freseado nas rúas Viña da Fonte e Cesteiros, o que obrigou en momentos puntuais a desviar o tráfico pola Rúa Panadeira, que se habilitou como saída.

Mañá está previsto iniciar as tarefas de pavimentación en ambos viais e iniciar o freseado en Panadeira. Para iso, a saída poderá realizarse polo paso inferior da Rúa Madrid. O mércores darase comezo ao asfaltado da Rúa Panadeira e ao freseado da Rúa Progreso, que culminará coa pavimentación da mesma este xoves.

Ademais da ampliación de beirarrúas, o proxecto inclúe a renovación do alumeado, a sinalización e o sistema de drenaxe. Un dos cambios máis visibles será o traslado dos semáforos do cruzamento da Rúa do Progreso, que se reubicarán xunto aos novos pasos de peóns e adaptarán as súas ópticas.

Ademais, prevese instalar unha barandilla na Rúa Progreso para impedir aos peóns que crucen a calzada por zonas non habilitadas, do mesmo modo que na Rúa Viña da Fonte, na praciña, co obxectivo de protexer o desnivel entre a praza e a nova beirarrúa. Tamén está prevista a colocación de bancos, papeleiras e a creación de dúas novas zonas axardinadas.

O proxecto completarase con novos bancos, papeleiras e dúas áreas axardinadas que contribuirán a mellorar a imaxe e a funcionalidade deste punto clave do municipio. Con estas actuacións, o Concello pretende non só actualizar infraestruturas básicas, senón tamén facer máis agradable e accesible esta zona para veciños e visitantes.

0
0
0
s2sdefault