Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RETOMARÁ AS TÉCNICAS DE ESTUDO PARA 5º E 6º DE PRIMARIA NOS CENTROS CON DEMANDA DO ALUMNADO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 29 de xaneiro de 2026.– O Concello retomará as técnicas de estudo “Aprender con estratexia”, unha actividade destinada ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. Os obxectivos que se perseguen son reflexionar sobre o estudo, detectar e mellorar os hábitos, aumentar a capacidade de expresión e comprensión, así como aprender técnicas activas de estudo e elaborar traballos.

As concelleiras de Educación, Nati Parada, e de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, xunto coas profesoras encargadas de impartir a actividade, mantiveron un encontro con ANPAS e docentes no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

A actividade impartirase nos centros educativos de Educación Primaria cun mínimo de 6 alumnos, un día á semana, de luns a xoves. O prezo da cota para persoas empadroadas é de 10 euros por alumno e de 12,50 euros para as non empadroadas. A preinscrición poderá realizarse no edificio de Usos Múltiples de Portonovo, no teléfono 986 72 37 64 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Os horarios serán os luns, de 16 a 17 horas na Florida e de 17:30 a 18:30 horas no colexio Abrente; os martes, en Nantes, de 16 a 17 horas, e en Noalla, de 17:30 a 18:30 horas; os mércores, en Portonovo, de 16 a 17 horas, e en Cruceiro, de 17:30 a 18:30 horas.

“Aprender con estratexia” atópase no programa municipal de Ensinanzas Abertas, no que se inclúen Español como 2ª Lingua, destinada a persoas de fóra de España que viven en Sanxenxo; Ensinanzas Básicas para Persoas Adultas, pensado para persoas maiores de 25 anos que queiran ampliar e actualizar coñecementos con quendas de mañá e tarde dous días á semana; e as clases de preparación das probas libres do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Por outra banda, vén de abrirse a matrícula das probas libres para a obtención do título de Graduado en ESO para maiores de dezaoito anos nas súas convocatorias de marzo, do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro. A realización da proba terá lugar o 27 de marzo. O programa municipal abre tamén a matrícula para as clases de preparación destas probas ata o 5 de febreiro. Para máis información e matrícula, as persoas interesadas deben chamar ao teléfono 986 723 764, de 10 a 11 horas e de 18 a 21 horas.

0
0
0
s2sdefault