Concello de Sanxenxo - SANXENXO DESTINA 10.830 EUROS EN PREMIOS PARA O DESFILE DE ENTROIDO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A tradicional celebración terá lugar o domingo 22 de febreiro, ás 16 horas, con saída desde Sanxenxo e chegada á contorna da lonxa de Portonovo.

Sanxenxo, 30 de xaneiro de 2026.– Sanxenxo volverá vibrar co Entroido. O Concello repartirá 10.830 euros entre as persoas participantes no tradicional Desfile Infantil e Adulto, que se celebrará o domingo 22 de febreiro, ás 16 horas. A comitiva sairá da Avenida Luis Rocafort e percorrerá o Paseo de Silgar, Punta Vicaño, Avenida de Galicia e Avenida Rafael Picó, ata o recinto da lonxa de Portonovo.

Na modalidade infantil establécense dúas categorías:

  • Individual ou parella, con tres premios (150 €, 100 € e 80 €).

  • Grupo, con tres premios (500 €, 300 € e 200 €).

Na modalidade adulta, os premios repártense do seguinte xeito:

  • Individual ou parella (300 €, 200 € e 150 €).

  • Grupo ata 20 compoñentes (800 €, 400 € e 300 €).

  • Grupo de máis de 20 compoñentes (2.200 €, 1.200 € e 750 €).

Na modalidade fantasía (máis de 20 compoñentes) repartiranse tres premios (1.700 €, 900 € e 600 €).

O prazo límite para anotarse será o 19 de febreiro de 2026. As inscricións serán gratuítas e poderán realizarse por algunha das seguintes vías:

  • Presencialmente, no rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo, situado no Concello, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:00 horas.

  • A través da sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal) ata as 23:59 horas do último día do prazo. Para iso será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autenticación Cl@ve.

Concurso Parodias Feito na Casa

A lonxa de Portonovo acollerá un ano máis o concurso Parodias Feito na Casa, no que as persoas participantes deberán representar e escenificar situacións con humor e enxeño. A cita será o venres 20 de febreiro, ás 21:30 horas. A inscrición é gratuíta e finaliza o 18 de febreiro. O xurado valorará a orixinalidade, a posta en escena e a decoración. En canto aos premios, establécese un único premio de 200 euros e 10 accésits de 50 euros.

0
0
0
s2sdefault