Concello de Sanxenxo - AS OBRAS INCLUIDAS NO CICLO DA AUGA AVANZAN CON TRABALLOS EN CATRO PARROQUIAS POR UN VALOR DE 256.520 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno mantén o seu compromiso de dotar todas as vivendas do municipio de auga e abastecemento para 2027.

Sanxenxo avanza no seu obxectivo: dotar todas as vivendas do municipio de auga e abastecemento, alcanzando un total de 726 vivendas. Neste momento, as obras, incluídas no Ciclo da Auga e executadas pola empresa concesionaria, concéntranse en catro parroquias cun valor de 256.520 euros:

  • Substitución de colectores e saneamento en Rúa Progreso e O Vento (32.101 €)

  • Rede de abastecemento e saneamento en Salgueira (115.318 €)

  • Rede de saneamento en Paxariñas (58.178 €)

  • Rede de saneamento e abastecemento en Buezas (50.923 €)

Estas obras beneficiarán a un total de 62 vivendas e dous hoteis. Ademais de ampliar a rede de abastecemento e saneamento no rural (rede secundaria), que continúa avanzando baixo o contrato actual coa concesionaria do ciclo da auga municipal, a obra subterránea en Sanxenxo ten outra vertente tamén en activo: o convenio para a modernización da rede de saneamento e depuración asinada entre o Concello e Acuaes, que contempla novos bombeos, ampliación dos existentes, substitución do colector principal e mellora integral da depuradora de Paxariñas, así como o novo emisario submarino.

Nas próximas semanas continuarán as obras de reposición da tubería principal de auga, de 3.790 metros, de Major a Portonovo, aínda en fibrocemento (428.280 €), e a substitución de colectores de saneamento en Vinquiño (24.383 €).

0
0
0
s2sdefault