Concello de Sanxenxo - O CONCELLO OFRECE 3.000 ÁRBORES GRATUÍTOS PARA REPOBLAR PARCELAS SITUADAS EN FRANXAS SECUNDARIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 


A entrega realizarase previa solicitude e o número de especies que corresponde a cada propietario determinarase pola superficie

Sanxenxo, 20 de marzo de 2026.- O Concello de Sanxenxo ofrece 3.000 árbores gratuítos para repobrar parcelas situadas nas franxas secundarias de seguridade no municipio para evitar incendios. Un compromiso adquirido polo alcalde, Telmo Martín, durante as reunións celebradas polas parroquias, no marco do convenio co Seaga, para a limpeza de fincas e mellorar a xestión da biomasa.

As especies compatibles para esta zona, cedidas pola Consellería de Medio Rural, son cereixos, carballos, castiñeiros e nogueiras. Estes árbores serán entregados polo Concello aos propietarios das parcelas situadas en franxas secundarias que o soliciten. O número de plantas que corresponde a cada propietario decidirase en función da superficie da parcela incluída na franxa, a razón dun árbore por cada 7 metros cadrados, ata esgotar existencias.

Os beneficiarios terán a obriga de plantar os árbores nos terreos da franxa da súa propiedade, garantindo así o cumprimento das condicións de xestión da biomasa establecidas pola normativa vixente.
O reparto realizarase en dúas fases:

• Unha primeira, a finais de marzo e comezos de abril.
• Unha segunda, no mes de outubro, co obxectivo de garantir un maior éxito na plantación.

Os veciños poderán informarse e solicitar os árbores na oficina de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo, situada na Avenida Vilar nº 43, Vilalonga (teléfono 986 744 909), durante a semana do 23 ao 27 de marzo, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para realizar a solicitude, será necesario acreditar a titularidade dunha parcela situada en franxa secundaria de prevención de incendios, así como o cumprimento dos criterios de xestión de biomasa establecidos pola normativa vixente.

Ademais, lembrares a todos os veciños que estes criterios deberán estar cumpridos antes do 31 de maio de cada ano, mantendo as parcelas limpas de maleza e libres de especies prohibidas, tales como eucaliptos, piñeiros e acacias.

Renovación convenio Seaga

O Concello de Sanxenxo volveu renovar este ano o convenio co Seaga para inspeccionar todas as fincas das franxas secundarias que poidan supoñer un risco de incendio para a poboación. No acordo, o Seaga comprométese a realizar a limpeza de 12 quilómetros de pistas do municipio. Ademais, cederá maquinaria ás asociacións veciñais e ao Concello para a limpeza.

0
0
0
s2sdefault