Concello de Sanxenxo - RECEPCIÓN AOS ESTUDANTES AUSTRIACOS QUE PARTICIPAN NUN INTERCAMBIO CO IES SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 26 de marzo de 2026.- O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Educación, Nati Parada, recibiron esta mañá no salón de plenos do Concello de Sanxenxo ao alumnado e profesorado do IES Sanxenxo que participan nun intercambio cun centro educativo de Austria.

Na recepción participaron 16 alumnos de Austria xunto a dous profesores do mesmo país e tamén docentes e alumnado do IES Sanxenxo que formaron parte do intercambio estudantil. O alcalde convidouos a coñecer o municipio nesta semana de intercambio e a gozar das 17 praias con bandeira azul, así como dos nove sendeiros azuis. “Agora estamos censados 18.000, pero no verán multiplicamos por seis a poboación”, dixo.

Pola súa banda, Nati Parada explicoulles o significado dos elementos e das cores da bandeira de Sanxenxo.

O Concello agasallou aos alumnos con material turístico do municipio e, como recordo, para o centro educativo austríaco un cadro cunha fotografía da paisaxe do emblemático faro de Portonovo con Sanxenxo de fondo.

0
0
0
s2sdefault