Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONVOCA AOS VECIÑOS DE VILALONGA PARA PRESENTAR UNHA PROPOSTA DE ORDENACIÓN DO NÚCLEO URBANO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cita será mañá xoves, ás 20 horas, no colexio Cruceiro

Sanxenxo, 29 de abril de 2026.- Co obxectivo de mellorar as conexións, así como as zonas verdes e equipamentos, o Concello de Sanxenxo convoca mañá xoves aos veciños de Vilalonga a unha reunión informativa na que se presentará unha proposta de ordenación do núcleo urbano da vila. O encontro estará presidido polo alcalde, Telmo Martín, que estará acompañado por membros do goberno e técnicos que explicarán.

Os veciños que acudan á charla poderán coñecer as claves da proposta de ordenación e realizar as consultas que consideren oportunas. A presentación contará con planos en DIN-A0 e tamén de detalle en pantalla. Tras a reunión, os veciños que queiran coñecer detalles concretos da proposta poderán acudir á oficina de Medio Ambiente e solicitar cita para seren atendidos por un técnico que lles poida resolver as súas dúbidas.

O Concello quere coñecer a opinión dos veciños da parroquia sobre a proposta para valorar a posibilidade de levala a cabo. Os planos coa ordenación en vigor e a nova estarán expostos na 2ª planta do Multiusos de Vilalonga do 4 ao 29 de maio, de luns a venres, de 9 a 14 horas.

0
0
0
s2sdefault