Concello de Sanxenxo - O CONCELLO, A XUNTA E A FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN ASINAN UN CONVENIO PARA EXECUTAR UN PROGRAMA PILOTO DE FORMACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O programa mixto de emprego e formación RenÓbrate terá unha duración de nove meses e está dirixido a persoas desempregadas

Sanxenxo, 23 de xullo de 2026.- O Concello, a Xunta e a Fundación Laboral da Construción asinaron esta mañá en Sanxenxo un convenio para executar un programa experiencial de formación e emprego, RenÓbrate. O obxectivo é profesionalizar e dignificar os distintos oficios e empregos no sector da construción e, ao mesmo tempo, paliar os problemas derivados da falta de man de obra existente na actualidade.

O alcalde, Telmo Martín, destacou “a importancia destes cursos de formación na construción, onde fai tanta falta man de obra e que supoñen unha saída laboral”. Na mesma liña, lembrou que “xa o fixemos coa hostalaría e agora facémolo co sector da construción grazas á Xunta e á Fundación Laboral”.

A formación, que estará remunerada co salario mínimo interprofesional, terá unha duración de nove meses e está dirixida a persoas maiores de 18 anos inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. O reto é acadar a inserción laboral do 60 % do alumnado participante nun prazo máximo de dous meses desde a finalización do programa. Haberá 20 prazas dispoñibles.

A directora xeral de Emprego, Zeltia Lado, explicou que se trata de “complementar os obradoiros de emprego duais e responder ás necesidades da contorna cun programa experiencial remunerado para 20 persoas”. Un proxecto que se desenvolverá en Sanxenxo, O Carballiño, Arteixo e Santiago cunha dotación de case 1,9 millóns de euros.

O Concello cederá os espazos municipais para a formación e, a cambio, o alumnado do curso realizará, en coordinación coa Concellería de Mantemento e Servizos, dirixida por Yago Torres, traballos vinculados ao mantemento e reparación de edificios e espazos públicos municipais, como labores de pintura, alicatados, reparación de fendas, levantamento de tabiques de pladur, colocación de bordos e baldosas nas rúas, instalación de sinalización viaria, así como a execución de pequenas soleiras e cunetas transitables.

O novo xerente da Fundación Laboral da Construción de Galicia, Fernando García, explicou que a selección do persoal comezará de inmediato “co obxectivo de iniciar o programa a finais de agosto e rematalo en maio”.

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa Fundación Laboral da Construción a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 660 604 526.

0
0
0
s2sdefault