Concello de Sanxenxo - O CONCELLO COMEZA NOS PARQUES DE BORDÓNS A POSTA A PUNTO DAS ÁREAS LÚDICAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As tarefas terán un custo total de 119.064 e unha garantía dun ano

Bordóns foi a parroquia elixida para iniciar a posta a punto dos parques infantís municipais. A empresa adxudicataria dos traballos, Multiservicios Doval, comezou esta semana as tarefas de mantemento no parque do Outeiro e seguirá nos próximos días na área biosaudable do Sear. As tarefas que terán un custo de 119.064 euros centraranse na substitución da superficie da área de xogo, o cambio de pezas en mal estado, a renovación do valado e a posta a punto dos elementos de xogo.

O desgaste propiciado do paso do tempo e, nalgúns casos, o uso inapropiado das instalacións fixo que non se atopen nun estado óptimo para o seu desfrute. En Dorrón actuarase no parque infantil e zona biosaudable de Areas; en Padriñán melloraranse os parques de Miraflores, Panadeira e Punta Vicaño; en Adina actuarase nos parques de Baltar, Praza Pública, Espiñeiro, San Roque, Seame I, Seame II e o do campo de festas de Arra; en Noalla, os parques da igrexa de Aios, Soutullo, igrexa de Noalla e A Revolta; en Vilalonga, os parques da praza de abastos, Arnosa, Salgueira, Praza Pública e capela de Gondar; en Nantes mellorarase o parque de Contumil e o da igrexa.

No apartado de melloras, valoradas en 7.941 euros, inclúense dous campos de chave e petanca que se instalarán no Espiñeiro e o cambio de tornillería e reforzo dos bancos por uns de aceiro inoxidable.

Sanxenxo conta cun total de 25 áreas lúdicas infantís. A substitución de pezas de xogos, reparacións de elementos, eliminación de óxido ou renovación de valados e superficies son as necesidades máis recorrentes que presentan os parques do municipio. Unha posta a punto que inclúe tamén tarefas de mantemento durante un ano.

0
0
0
s2sdefault