Concello de Sanxenxo - O CONCELLO IMPARTIRÁ UN OBRADOIRO GRATUÍTO DE PRIMEIROS AUXILIOS NO PAZO DE EMILIA PARDO BAZÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 23 de abril de 2025.- O Concello de Sanxenxo, a través dos departamentos de Educación e Seguridade Cidadá dirixidos por Nati Parada e Xoán Pérez, quere estender á poboación adulta do municipio a formación en primeiros auxilios, como xa se está a facer entre o alumnado dos centros educativos. O obradoiro impartirase o vindeiro 29 de abril, ás 19 horas. O encargado de dirixir a actividade será Santiago Salomón, traballador do servizo de Emerxencias Sanxenxo, que ensinará ás persoas asistentes como actuar ante unha emerxencia, RCP básica, nocións de DESA e atragoamentos. As persoas interesadas deberán inscribirse no teléfono 986 727 936 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O número de prazas ofertadas será de 25, pero no caso de completarse programarase outro obradoiro.

0
0
0
s2sdefault