Concello de Sanxenxo - A MELLORA DO BOMBEO DE PORTONOVO OBRIGA A FACER UNHA EXCAVACIÓN DE 9 METROS DE PROFUNDIDADE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A obra aumentará a capacidade e a calidade da rede de saneamento da vila mariñeira.

 

Sanxenxo, 24 de abril de 2025.- A mellora do bombeo arrinca cunha escavación do terreo de ata nove metros de profundidade. O Concello é consciente das molestias que poden xerar os traballos, así como o desvío do tráfico, pero non hai outra opción posible para poder mellorar a rede de saneamento e garantir un crecemento ordenado e sostible da vila mariñeira.

 

As melloras do bombeo do Espiñeiro consisten na substitución de:

 

• A actual tubaxe cun diámetro de medio metro por outra do dobre de capacidade e un metro de diámetro.

• As 3 bombas de impulsión de 250 litros por segundo por 4 novas bombas, unha delas de reserva, de 420 litros por segundo, o que supón case un 30% máis de capacidade.

• A instalación de reixas e trituradoras máis grandes para trocear calquera sólido, mellorando así o envío das augas residuais cara á depuradora de Paxariñas.

• O bombeo dispón dun tanque de tormentas cunha capacidade de 300 m³ equivalente a unha piscina cuberta. Un depósito que permite almacenar auga en momentos puntuais cando o caudal supera a capacidade da rede e o seu posterior envío á depuradora unha vez que se recupera a normalidade.

 

Por último, as melloras do bombeo do Espiñeiro forman parte dun proxecto máis amplo de mellora da rede de saneamento e depuración incluído nun convenio entre Acuaes, Poio e Sanxenxo cun investimento de 24 M€. Outras actuacións relevantes: duplicar a capacidade da depuradora de Paxariñas, un novo emisario submarino, a mellora dos bombeos de Sanxenxo, Areas e Montalvo e a construción de novos en A Granxa e Nanín. En definitiva, este convenio máis as melloras que está a realizar a concesionaria Espina e Delfín permiten a modernización da rede de saneamento e abastecemento de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault