Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DISPÓN DUN ESTUDO PARA HUMANIZAR E MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA NA TRAVESÍA DE A REVOLTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 30 de xuño de 2025.– O Concello de Sanxenxo xa dispón dun estudo para humanizar e mellorar a seguridade viaria na travesía de A Revolta. A actuación céntrase ao longo de 750 metros e inclúe a renovación de instalacións como saneamento, abastecemento, telecomunicacións, gas natural e electricidade. O modelo de deseño que se proxecta é semellante ao que xa se executou na estrada da Lanzada en Portonovo, cun itinerario peonil accesible ao longo de todo o tramo de actuación e un espazo de convivencia peón-vehículo máis amable.

A mellora deste tramo da PO-550, de competencia autonómica, que cruza o núcleo urbano de A Revolta, é unha demanda histórica de veciños e hostaleiros á que o goberno dará resposta cun proxecto que recolla as necesidades da zona. O estudo contempla o mantemento das prazas de aparcadoiro actuais e unha largura de beirarrúa de 2 metros e de carril, 3 metros. Para iso, prevese ata tres tipos diferentes de seccións dentro do vial: con aparcadoiro a ambos os lados, nun só lado ou sen aparcadoiro nas zonas máis estreitas.

Para embelecer o espazo e reforzar a imaxe de travesía, prevese arborado e zonas axardinadas, sinais luminosas e a limitación de velocidade a 30 quilómetros por hora. O goberno abordará coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a fórmula para encargar o proxecto, licitalo e acometer a actuación.

0
0
0
s2sdefault