Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA A ESCOLMA DAS CEBOLAS DE OURO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O prazo permanecerá aberto ata o próximo 4 de agosto

Sanxenxo, 15 de xullo de 2025.- A Concellería de Cultura e Eventos, dirixida por Elena Torres, quere un ano máis dar voz e voto aos veciños e veciñas de Sanxenxo na elección dos premios Cebola de Ouro. Un galardón que se entrega no marco das festas patronais de Santa Rosalía durante a Feira da Cebola como recoñecemento ás súas contribucións, logros ou servizos excepcionais para o municipio.

Aquelas persoas ou entidades interesadas en presentar as súas candidaturas poderán facelo, a través da sede electrónica do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo, ata o próximo catro de agosto. Todas as propostas terán que contar cunha memoria que xustifique a elección da persoa e destaque aqueles aspectos máis importantes da súa traxectoria persoal e profesional.

Como en anos anteriores, estableceranse dúas categorías, unha para unha persoa, colectivo ou entidade da parroquia de Padriñán pola súa contribución nos ámbitos cultural, educativo e social, e outra fóra do municipio, pero que contribúa ao desenvolvemento e promoción turística de Sanxenxo.

O xurado, formado polo alcalde Telmo Martín, diferentes concelleiros, representantes de cada unha das parroquias, un membro do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) e un representante de Entretendas, será o encargado de seleccionar aos dous galardoados.

Os premios entregaranse durante a celebración da XLIV Feira da Cebola que terá lugar no entorno portuario de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault