A concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, presentou esta mañá a segunda edición da iniciativa na Casa de Adina.
Sanxenxo, 24 de outubro de 2025.- Mantendo o foco nas persoas coidadoras, pero reforzando o número de grupos e o horario, así chega a Sanxenxo a segunda edición do programa Coidándote para Coidar, unha iniciativa pioneira impulsada desde o Centro de Información á Muller. A concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, convocou esta mañá ás persoas inscritas nos catro grupos para expoñerlles os obxectivos da actividade e insistir en que “non estades sós na dura tarefa, ás veces, de coidar”.
O programa vai dirixido a persoas coidadoras non profesionais e ten como obxectivo dotarlles de ferramentas prácticas e emocionais, fomentar hábitos saudables e, sobre todo, crear unha rede de apoio mutuo que lles permita afrontar o coidado sen descoidarse a si mesmas.
A estrutura do mesmo desglósase nun PRIMEIRO BLOQUE DE AUTOCOIDADO EMOCIONAL para os catro grupos:
-
GRUPO ESPECÍFICO DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS:
Impartido pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer ou outras demencias AFASAL. Participará persoal específico e especializado en tratar e abordar este tipo de problemáticas con casuísticas tan concretas. Haberá unha sesión semanal (total 10) en horario de mañá os luns de 11:00 a 12:00h na Casa da Cultura de Adina, e unha sesión en horario de tarde, os mércores de 17:00 a 18:00h no mesmo lugar. -
GRUPO PARA PERSOAS COIDADORAS DE DISTINTOS PERFÍS DE PERSOAS DEPENDENTES:
Será impartido por profesionais da psicoloxía especializados no tema, e haberá dous grupos, un de mañá semanal (10 sesións) os mércores de 10:30h a 12:00h na Casa da Cultura de Adina, e outro de tarde os martes de 17:00h a 18:00h no Priorato de Arra.
Unha vez rematado o bloque de autocuidado emocional, impartiranse catro bloques máis, que serán optativos para todas as persoas coidadoras interesadas, estean inscritas ou non no programa.
Para iso realizarase unha enquisa para valorar cantas persoas estarían interesadas en cada bloque e así marcar unha data e horario apropiado para todas elas.
A inscrición no programa será posible durante dous meses desde o inicio do mesmo.
Para máis información poden dirixirse ao CIM ou a Servizos Sociais, ou a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou do teléfono 986 727 901.