Concello de Sanxenxo - O CONCELLO SACA A LICITACIÓN O ACONDICIONAMENTO ANUAL DE 23 PRAIAS POR CASE 72.000 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Sanxenxo, 25 de marzo de 2026.- O Concello de Sanxenxo acaba de sacar a licitación o acondicionamento das súas 23 praias de cara á tempada de verán. A esta actuación destinará algo máis de 71.980 euros.

O pliego de condicións contempla actuacións en Santa Mariña, Pampaído, Area de Agra, Areas, Palacios-Barreiros, Grileira, Carabuxeira, Lavapanos, A Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nuestra Señora da Lanzada, Areas Gordas e O Espiñeiro-A Lanzada.

Os traballos centraranse en labores de mantemento de valados, torretas de socorrismo, aseos e espazos de madeira de cada area coa aplicación dun tratamento que aumente a súa durabilidade e, nalgúns casos, o pintado para mellorar a estética dos elementos.

Trátase dun contrato mixto no que se inclúen pequenas obras ou melloras, pero tamén servizos a través da colocación e retirada de pasarelas, así como paneis informativos de distinto tipo e sinalizacións.

0
0
0
s2sdefault