Concello de Sanxenxo - Escolas Infantís Municipais 0-3 anos: O Tombo e O Revel
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Educación

Coa posta en marcha e funcionamento das Escolas Infantís Municipais (EIM) o Concello de Sanxenxo quere contribuír a proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como garantir o apoio ás familias como marco de referencia en que se desenvolven as persoas.

As Escolas Infantís Municipais 0-3 anos teñen como obxectivo estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas, de expresión e comunicación dos/as nenos/as con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos en estreita colaboración coas familias, mediante actividades educativas e lúdicas dacordo co seu nivel madurativo, para adquirir progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia dos adultos.

O Concello de Sanxenxo conta con 2 EIM:

  • A EIM O Tombo.
  • A EIM O Revel.

 

CURSO ESCOLAR

O curso escolar iníciase o 1 de setembro e remata o 31 de agosto de cada ano. As escolas prestan servizo todo o ano e so pechan os festivos locais, autonómicos e nacionais e o día do patrón das escolas infantís (San Nicolás), así como as tardes dos días 24 e 31 de decembro, do 5 de xaneiro e do martes de entroido.

As xornadas nas que os/as nenos/as poden permanecer nas escolas será:

  • Xornada completa: cando o neno/a permanece de 6 a 8 horas de forma continuada ou repartindo as horas de permanencia entre a mañá e a tarde.
  • Media xornada: cando o neno/a permanece na escola 4 horas pola mañá ou pola tarde. No horario de media xornada poderase ampliar unha hora, sendo en total 5 horas.

 SOLICITUDE DE NOVO INGRESO CURSO 2024-2025

Download this file (IMPRESO SOLICITUDE NOVO INGRESO CURSO 2024-25 EIM SANXENXO.pdf)[PDF] IMPRESO SOLICITUDE NOVO INGRESO CURSO 2024-25 EIM SANXENXO

Download this file (IMPRESO SOLICITUDE NOVO INGRESO CURSO 2024-25 EIM SANXENXO.pdf)[PDF] ANEXO: I AUTORIZACIÓN DO OUTRO PROXENITOR 

Download this file (ORDE ADXUDIACION E BAREMO CURSO 2024-2025.pdf)[PDF] ORDE ADXUDIACION E BAREMO CURSO 2024-2025

COMUNICACIÓN BAIXA NA ESCOLA OU CAMBIO DE CENTRO DAS EIM DE SANXENXO

INSTALACIÓNS

EIM O Tombo

  • 1 aula de 0-1 anos.
  • 1 aula de 1-2 anos.
  • 1 aula de 2-3 anos.
  • Sala multiusos e zona de comedor multiusos.
  • Patio de xogos cuberto común.
  • Xardín de xogos.
  • Cociña con servizo de comedor propio.
  • Zona de administración e dirección.

 

EIM O Revel

  • 2 aulas de 0-1 anos con patio de xogos exterior.
  • 2 aulas de 1-2 anos con patio de xogos exterior.
  • 2 aulas de 2-3 anos con patio de xogos exterior.
  • Sala multiusos e zona de comedor multiusos.
  • Patio de xogos cuberto común.
  • Xardín de xogos.
  • Cociña con servizo de comedor propio.
  • Zona de administración e dirección.

 

SERVIZOS

Atención educativa

A través da atención educativa que prestamos nas EIM de Sanxenxo contribuimos ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos/as nenos/as que asisten ás nosas escolas. Para isto centrámonos en:

  • Promover e fomentar o desenvolvemento integral dos nenos/as e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno/a.
  • Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de hixiene e orde.
  • Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.
  • Facilitar a aprendizaxe a través do xogo, como forma propia de aprendizaxe nestas idades.
  • Fomentar a autonomía do/a neno/a, xa que o seu papel é activo e se incentiva coa estimulación de educadores e iguais.
  • Respectar a singularidade e diversidade de cada neno/a.
  • Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias.
  • Iniciar na adquisición de destrezas que faciliten o seu ingreso e adaptación ao segundo ciclo de educación infantil.
  • Facilitar a integración dos nenos/as con necesidades educativas especiais.

Os campos nos que traballamos cos/as nenos/as son basicamente as de comunicación e linguaxe (castelán, galego e inglés), control corporal, desenvolvemente afectivo e emocional, desenvolvemento sensorial, desenvolvemento motor, fomento da autonomía, coñecemento do contorno inmediato, convivencia e relacións.

 

- CONECEMENTO DE SI MESMOS E AUTONOMÍA PERSOAL

  1. O corpo.
  2. A identidade, a autoestima e as emocións.
  3. O coidado persoal.

 

- COÑECEMENTO DA CONTORNA

  1. O medio físico.
  2. Achegamento á natureza.
  3. Cultura e vida en sociedade.

 

- LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

  1. Comunicación xestual e oral.
  2. Expresión plástica e musical.
  3. Iniciación a unha lingua estranxeira: inglés.

 

Nas EIM de Sanxenxo a metodoloxía didáctica baséase fundamentalmente no xogo e na realización de actividades ou obradoiros tales como contacontos, cancioneiros, representacións teatrais, baile e sensibilización musical, plástica, obradoiros de pintura, de masaxe (bebés), psicomotricidade…

 

Actividades complementarias e celebracións

A EIM desenvolve unha programación de actividades complementarias e celebracións a realizar no centro durante todo o curso escolar. Actividades tales como a celebración da vendima, magosto, nadal, entroido, día da poesía, día da paz, día do libro, día das letras galegas, día do pai, día da nai, festa dos avós, día de galicia, festa da auga, semana da psicomotricidade, carreira de gatexo, festa do pixama, festa ibicenca, festa de fin de curso, etc.

 

Comedor

Ademais da atención educativa, haberá servizo de comedor que ofrecerá os seguintes servizos:

  • Merenda de mañá: os nenos/as traerana da casa.
  • Xantar: ofértase para os nenos/as das aulas 1-2 anos e 2-3 anos e poderán usalo os nenos/as destas aulas que xa teñan introducidos na súa dieta todos os alimentos. O servizo de comedor préstase a través de cociña propia e menús elaborados por nutricionistas (este servizo ten custo). Nas aulas de 0-1 anos, non se oferta o servizo de comedor propiamente dito, pero poderanse administar aos/ás nenos/as biberóns ou potiños (ou semellantes) que deberán ser traídos polos pais/nais.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE INGRESO

O Concello de Sanxenxo procederá anualmente á apertura dun prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva como de novo ingreso, e de aceptación da praza. Os prazos establecidos publicaranse nos taboleiros de edictos do Concello de Sanxenxo e do O.A. Terra de Sanxenxo, nas propias EIM e na páxina web do Concello de Sanxenxo, onde se poderán descargar os impresos de reserva de praza www.sanxenxo.es

So se poderán presentar solicitudes fóra do prazo establecido, e sempre que queden prazas vacantes, nos seguintes casos:

  • Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
  • Cambio de concello de residencia da unidade familiar.
  • Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.
  • As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse no Rexistro do Concello de Sanxenxo sito en Rúa Madrid, Nº1.

 

 

 

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

No Regulamento de réxime interno (R.R.I.) establécese a organización e funcionamento das Escolas. 

Unha das principais caracteristicas do R.R.I. é que está articulado para que contribúa a crear un clima de respeto, responsabilidade e esforzo na aprendizaxe, que supoña unha mellora continua do funcionamento do noso centro.

 

DATOS DE CONTACTO

  • EIM O Tombo

    Padriñán s/n - Sanxenxo

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O TOMBO AULA 0 1 O TOMBO AULA 2 3 

O TOMBO FACHADA

O TOMBO aula 1.2 O TOMBO multiusos

O TOMBO PARQUE

 

 

  • EIM O Revel

    O Revel,12 A - Vilalonga

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O REVEL 1 O REVEL 2

 

 O REVEL 3 O REVEL 4

subvencion educacion xunta