A piscina municipal de Sanxenxo está situada no complexo deportivo de Baltar, á beira do campo de fútbol do Portonovo.
A piscina municipal consta de dous vasos climatizados dedicados ao baño, unha de dimensións máis pequenas (12 x 6 m.) cunha profundidade máxima de 0,90 metros e unha de maiores dimensións (25 x 12,5 m.) cunha profundidade máxima de 1,65 metros. Igualmente podemos disfutar de dúas hidromasaxes e unha sauna finlandesa. As instalacións dispoñen de dous amplos vestiarios.
Ademais dentro das instalacións da piscina, poderemos gozar dos servizos dun completo ximnasio. O Ximnasio é unha sala ampla de preto de 300 m2 con dous espazos diferenciados:
- Unha zona de traballo cardiovascular equipada con modelos de Bh Hipower ( 6 cintas, 5 elípticas, 6 bicicletas verticais, 3 bicicletas horizontais, 2 steps, 1 remoergómetro Concept2, un circuíto de tonificación hidráulico e un espazo para abdominais e estiramentos).
- Unha zona de musculación modelos Bh e Salter, onde nos atoparemos cun subespazo de peso libre (2 mancuerneros, 1 banco de press banca plano, 1 banco de press banca inclinado - os dous con barra olímpica - , 1 banco scott e 4 bancos multiusos articulados, ademais de diferentes barras e os seus correpondentes discos de diferentes pesos) e unha zona de maquinaria variada (1 multipower, 1 cruzamento de poleas regulable, 2 multiestaciones, 1 contractora de pectoral, 1 press horizontal, unha máquina de dominadas e fondos asistidos, 1 máquina de dorsal sentado con apoio de peito, 1 presa de pernas, 1 multicadera, 1 máquina de glúteos, 1 extensión de xeonllos, 1 de femoral tombado ).
É obrigatorio asistir con roupa deportiva e cunha toalla. Os menores de 16 anos non teñen permitido o acceso. Entre os 16 e antes de cumprir a maioría de idade é necesario cumprimentar o formulario de autorización paterna e achegar a documentación (DNI, Libro de Familia,...) que acredite que é maior de 16 anos.
HORARIO INSTALACIÓN:
- Luns a venres: 7:45 - 14:30 / 16:00 - 23:00
- Sábados: 9:30 - 14:00
- Domingos: 10:00 - 14:00
**RECÓRDASE QUE AS ACTIVIDADES E O USO DA PISCINA E O XIMNASIO REMATAN 15´ANTES DO PECHE DA INSTALACIÓN
PREZOS:
En canto ao prezo da entrada ás instalacións temos varias modalidades en función do uso requerido (entradas libres, entradas jacuzzi e sauna, bonos individuais de 10 ou 15 sesións, cada unha delas con variantes e descontos (familiar, pensionista, estudante...)
O decantarse por unha ou outra dependerá de cuestións tales como días de asistencia á semana, posible combinación con cursos, utilización de hidromasaxe e sauna de vapor, etc.
1. Entradas Libres:
Dan dereito a utilizar Piscina e Ximnasio.
- Adultos: 4 €.
- Descontos Especiais (menores de 16 anos,maiores de 65 anos, pensionistas, persoas con discapacidade e estudantes): 2´50 €.
- IMPORTANTE: os descontos deberán ser acreditados coa documentación correspondente, no caso dos estudantes a documentación ten que indicar que se está matriculado na tempada escolar do ano en curso.
2. Bonos:
Persoais e intransferibles e teñen unha caducidade de 12 meses desde o momento da compra. Pódense recargar con 10 ou 15 entradas. O cartón magnético necesario para o control de accesos cédese en réxime de fianza por 2 €.
- 10 entradas. Adultos: 27,00 €. Descontos Especiais : 16,00 €.
- 15 entradas. Adultos: 33,00 €. Descontos Especiais : 20,00 €.
- IMPORTANTE: Soamente poderán compartir bono aqueles irmáns menores de 16 anos. Os descontos deberán ser acreditados coa documentación correspondente; no caso dos estudantes a documentación ten que indicar que se está matriculado na tempada escolar do ano en curso.
- O uso da Sauna e a Hidromasaxe para as entradas libres e os Bonos é de 1 € , entrada que se debe abonar previamente á súa utilización.
3 Socios:
Aquí temos varias modalidades; as vantaxes que implica ser socio é que o cartón dá dereito a vir sempre que se queira, a usar a sauna e as hidromasaxes sen pagar ( para abonados o prezo é de 1 € por cada vez que queiran usar sauna e hidromasaxe ), desconto do 50% en cursos ofertados pola Instalación e dereito a programa de traballo no Ximnasio. Págase unha cota de Alta o primeiro mes de 10 €, a cota de mantemento para os socios será de 8 €.
- SOCIO INDIVIDUAL: 32,00 € / mes
- SOCIO CON DESCONTO: 23,00 € / mes
- SOCIO FAMILIAR: 42,00 € / mes
O Socio Familiar inclúe á parella e a todos os fillos menores de 18 anos.
As actividades, o uso da piscina e o ximnasio acaban 15 minutos antes do peche.
A PISCINA PERMANECERÁ PECHADA PARA TAREFAS DE MANTEMENTO ENTRE O 1 E O 16 DE SETEMBRO.
Piscina Municipal de Sanxenxo
Baltar s/n, Portonovo
Tlf. 986 720 100
