Concello de Sanxenxo - As obras de arranxo do Camiño das Salinas continúan a bo ritmo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación que mellorará substancialmente o Camiño As Salinas continúa a bo ritmo e estará terminada nos próximos días.

O Camiño de As Salinas é un paso, duns 500 m de lonxitude, que conecta o núcleo da Revolta coa zona da Lanzada.

Na actualidade prodúcense continuas inundacións no viario os días de choiva e ademais o firme, debido maioritariamente á súa antigüidade, atópase nun estado de considerable deterioro, con importantes fochancas e roturas no pavimento.

A mellora das condicións deste viario permitirá que as persoas que o utilicen diariamente, sexan veciños ou visitantes, poidan facelo de forma segura e póidase poñer fin aos problemas de inundacións mencionados.

Ademais, o acondicionamento deste paso, permitirá unir o paseo que transcorre polo litoral do municipio, paralelo á PO-308, cunha zona na que residen e visitan un número elevado de persoas. Búscase tamén, garantir en todo momento a seguridade do peón, que con esta última actuación permitirá conectar 4 praias da zona mellorando a accesibilidade ás mesmas.

 

 

0
0
0
s2sdefault