Concello de Sanxenxo - Os técnicos municipais certifican a primeira fase das obras da pista polideportiva de Nantes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado 20 de setembro comezaba o reformulo da obra de construción da pista polideportiva de Nantes, cun orzamento de 200.000€, que foron financiados con cargo ao Plan Concellos. Os técnicos municipais certificaron o fin das obras e por tanto a apertura da pista para o goce de todos.

Esta pista é de soleira de formigón de 20 centímetros de espesor, de 44 metros de longo e 28 metros de ancho, e a cuberta será a dúas augas, con faldóns de 44,50m. x 14,60m. Instaláronse os correspondentes canlóns e baixantes para a recollida de augas pluviais da cuberta.

A empresa adxudicataria propuxo unhas melloras, entre as que se atopa a substitución do panel sándwich de cuberta de 40mm de espesor proxectado, por un de 50mm. Tamén propuxo a substitución dos acabados da chapa metálica que conforma o panel sándwich de cuberta propostos no proxecto, por un acabado exterior para ambientes mariños e acabado interior lacado, mellorando a resistencia aos raios UVA e a corrosión.

O goberno traballa agora na segunda fase de construción da pista, que contemplará o cerramento lateral da mesma e a construción duns aseos e vestiarios. Estímase que este proxecto alcance un orzamento de 300.000€.

Ademais, visitouse o viario que da acceso ao centro educativo e que será asfaltado proximamente para mellorar a seguridade viaria e o acceso dos usuarios ao centro.

Esta actuación está enmarcada dentro dunha serie de melloras que o goberno está a levar a cabo de seguridade viaria na contorna dos centros educativos do municipio.

 

0
0
0
s2sdefault