Concello de Sanxenxo - O goberno reúnese coa Plataforma da PO-504
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Alcalde e o Concelleiro de Infraestruturas mantiveron unha reunión con membros da Plataforma da PO 504.

A Xunta de Galicia deseñou un proxecto de seguridade viaria en 2,7Km desta estrada entre O Vinquiño e Gondar, orzado en 1 M€.

Este tramo está considerado como un lugar de "concentración de accidentes", polo que se pretenden mellorar as interseccións.

En tres puntos deséñanse glorietas, que estarán situadas nos kilómetros 2.110, 2.270 e 3.070. Nos demais cruces plantéxanse cuñas e carrís de espera e movementos de entrada e saída, mellora da sinalización e un cebrado central que reduza a lonxitude dos carrís, de maneira que se advirta máis eficazmente a necesidade de reducir a velocidade en todo o percorrido.

Tamén está prevista a mellora das paradas de autobús e o reforzo da sinalización horizontal e vertical.

A exposición ao público inclúe unha relación dos bens e dereitos afectados, na súa maior parte peches, muros e outros elementos de propiedades de uso residencial, hostaleiro e industrial localizados en ambas as marxes da estrada.

Como esta exposición pública esténdese ata o próximo 8 de maio, Goberno e Plataforma mantiveron unha reunión para tratar de unificar as alegacións que sexa preciso realizar ao proxecto.

Finalmente a Plataforma presentará unha alegación na que se recollan as peticións manifestadas pola veciñanza para ser presentada ante a Xunta de Galicia e poder chegar a un punto de entendemento.

Entre estas peticións atópase a de adaptar as beirarrúas na súa totalidade ao paso de persoas con mobilidade reducida.

0
0
0
s2sdefault