Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONSTRUIRÁ O LOCAL SOCIAL DE GONDAR TRAS A MODIFICACIÓN CATASTRAL DA PARCELA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Gondar contará cun novo local social nos próximos meses. Un compromiso adquirido polo goberno local que agora, unha vez liquidada a modificación catastral da parcela por parte da comisión de festas, poderase levar a cabo e realizarase con cargo ao Plan Concellos. A firma da cesión formalizouse esta semana e na próxima prevese elevar a escritura pública. Ambos os trámites permitirán facer realidade unha importante demanda veciñal en Vilalonga.

O proxecto do local social de Gondar, valorado 255.816 euros, prevé a construción dun edificio dunha soa planta de 183 metros cadrados que se distribúe nun hall de entrada, unha gran sala polivalente, unha oficina, dous aseos e un almacén. Así mesmo, está previsto urbanizar o exterior cun aparcadoiro e unha zona verde garantindo a accesibilidade.

A edificación contará con dúas únicas fachadas sobre rasante, polo cal as outras dúas prevense enterradas en dúas dos seus lados. O proxecto permite a integración da edificación na contorna da chaira pétrea existente e lindante coa Capela de Santo Tomei.

O goberno local decidiu non incluír no seu momento o proxecto do novo edificio social de Gondar ao detectar o problema coa modificación catastral, pero en ningún momento abandonou o seu compromiso nin a vontade de executalo, a pesar das acusacións da oposición, e agora queda demostrado.

0
0
0
s2sdefault