Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECUPERA O PAZO DE QUINTÁNS, O SEU SEGUNDO BEN DE INTERESE CULTURAL, QUE SE CONVERTERÁ NO PRIMEIRO MUSEO DA CULTURA GASTRONÓMICO DAS RÍAS BAIXAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local dará a coñecer o resultado da rehabilitación con xornadas de portas abertas en grupos reducidos e cumprindo o protocolo anti-Covid
 
Sanxenxo suma ao seu catálogo de bens patrimoniais protexidos a recuperación dun novo edificio, o Pazo de Quintáns, que xunto á Torre da Lanzada foron declarados Ben de Interese Cultural. A obra no emblemático inmoble culminou despois de 13 meses de traballo e un investimento de 1,8 millóns de euros, dos que 1,3 millóns proceden da axuda concedida polo Ministerio de Fomento a cargo do programa 1,5 % Cultural. Os últimos traballos centráronse na carpintaría interior, a dotación de servizos e o acondicionamento da praza e o patio interior, presidido por un centenario abeto branco, un dos exemplares conservados do recinto.
 
O goberno local quere que os veciños coñezan de primeira man as instalacións chamadas a converterse no primeiro Museo da Cultura Gastronómica das Rías Baixas a través de xornadas de portas abertas explicativas. Tendo en conta a situación sanitaria actual teranse que realizar previa inscrición e en grupos reducidos cumprindo o protocolo de prevención do Covid 19.
 
Sanxenxo e de forma especial Noalla recupera parte da súa historia cun inmoble no que aínda se continuará traballando en novas fases. O goberno local quere recuperar o xardín botánico da extensa parcela de máis de 10.000 metros cadrados que rodea o Pazo e pór en valor a fonte, así como a mesa e bancos de pedra que presiden a parte traseira da leira. Unha mellora para a que se encargará un proxecto que responda as necesidades dun espazo histórico e de enorme riqueza ambiental. Tamén se continuará traballando no amplo hórreo da leira, así como nos seus posibles usos, despois de que nesta primeira fase asegurásese a estrutura e o tellado.
 
De forma inminente, o goberno acondicionará unha parcela municipal anexa ao Pazo de Quintáns para dotar de zona de estacionamento. A leira ten unha superficie de 840 metros cadrados e unha capacidade para albergar 32 prazas de aparcadoiro, 31 para coches e unha para autobús. A posta a punto deste aparcadoiro contemplará o desmonte do cierre de pedra e a demolición do firme actual. Os traballos prevén a roza da parcela, unha soleira de formigón e a pintura das prazas de aparcadoiro. O Concello encargou un proxecto para dotar deste servizo ao Pazo de Quintáns aproveitando a parcela anexa ao inmoble.
0
0
0
s2sdefault