Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PROPÓN UN CONVENIO DE CESIÓN PARA O USO E EXPLOTACIÓN DOS CAMPOS DE FÚTBOL AOS CLUBS XUVENTUDE SANXENXO, VILALONGA E NOALLA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Tanto entidades deportivas como o goberno local coinciden en que o actual modelo de xestión é "inviable e insostible"

O alcalde, Telmo Martín, xunto ao concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, mantiveron onte un encontro coas directivas dos clubs Xuventude Sanxenxo, Vilalonga e Noalla para abordar o primeiro convenio para a cesión da xestión e uso dos campos de fútbol de Baltar, O Revel e Noalla. Unha proposta distinta e adaptada á realidade de cada instalación deportiva coa que o goberno local busca o mellor uso posible dos recursos públicos. "O modelo actual cos campos de fútbol é inviable e insostible. Constatamos despilfarros nos usos de auga e alumeado, ou mesmo na conservación dás propias instalacións aos que é preciso poñerlles freo e máis se cabe na actual situación", apuntou o alcalde. Unha postura na que tamén coincidiron as directivas das entidades deportivas que asistiron ao encontro incidindo no "mal uso" e mesmo "actos vandálicos" nas instalacións en máis dunha ocasión.

O convenio propón a estes clubs a xestión das instalacións durante un período de catro anos e uns prezos públicos, que marcará o Concello de Sanxenxo e deberán ser aprobados en Pleno. As directivas de Xuventude Sanxenxo, Noalla e Vilalonga cobrarán no marco deste acordo polo uso das mesmas ás entidades deportivas que requiran o seu uso tanto para adestramentos como partidos de fútbol. "Cremos que é moi positivo que sexan os clubs que maioritariamente usan as instalacións os que se responsabilicen dá súa xestión e uso", apuntou Martín.

A reunión de hoxe foi unha primeira toma de contacto na que non se abordaron cifras económicas, aínda que tanto o alcalde como o concelleiro de Deportes xa adiantaron que a intención do goberno é fomentar o deporte base e que apoiará economicamente a todos os clubs, independentemente da diciplina deportiva, con inscritos federados de até 16 anos. Na actualidade Sanxenxo conta con 892 mozos deportistas que cumpren esta condición e preto do 40% practican fútbol.

As tres entidades deportivas solicitaron ao Concello os gastos fixos e de mantemento das instalacións, así como os prezos públicos que se marcarán polo uso dos campos. Uns datos que se analizarán nunha próxima reunión que terá lugar o 7 de setembro.

0
0
0
s2sdefault