Concello de Sanxenxo - A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN REÚNESE COAS ANPA PARA A XESTIÓN DO PLAN MADRUGA E OS COMEDORES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concelleira de Educación, Paz Lago, mantivo esta semana un encontro coas directivas das ANPA dos colexios de O Cruceiro, Telleiro, Nantes, Florida e Portonovo para colaborar tanto na xestión dos comedores como do Plan Madruga. Dous servizos, claves para a conciliación familiar e laboral, que durante o curso pasado tiveron 290 familias usuarias. "Queremos poñer en valor o papel das ANPA nunha situación especialmente delicada na que a adicación destas asociacións con estes servizos cobran aínda un maior valor", sinala.

Dos tres centros nos que está implantado o Plan Madruga, só A Florida manterá, en principio, este servizo cun estrito protocolo anti covid e cunha quenda de limpeza do espazo que tamén albergará o comedor. O Concello xa anunciou a principios de semana que triplicará as quendas de limpeza, dúas durante a xornada escolar e outro pola tarde.

En canto ao servizo do comedor, as reservas de matrícula obrigarán a un dos centros a realizar un cribado do alumnado ao carecer de espazo necesario e en O Cruceiro habilitarase unha aula máis para cumprir co cociente que marca a empresa de cátering e que, debido ás circunstancias, rebaixou de 20 a 15 alumnos. O resto dos centros, en principio, non terán problemas co espazo.

0
0
0
s2sdefault