Concello de Sanxenxo - NAUTA SANXENXO CALCULA E COMPENSA A SÚA PEGADA DE CARBONO COMO UN PASO MÁIS NO SEU COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A loita contra o cambio climático e a redución das emisións de CO2 e doutras partículas contaminantes están a centrar boa parte dos esforzos da sociedade municipal que xestiona o porto deportivo Juan Carlos I, Nauta Sanxenxo. E neste contexto, o cálculo e compensación da pegada de carbono supón un paso máis cara a unha xestión eficiente e respectuosa co medio ambiente que avalan xa as bandeiras Q de Calidade, Bandeira Azul e Galicia Calidade, así como o sistema de xestión ambiental propio, Ecoportos.

A empresa Certificadora Galega do Noroeste foi a encargada de medir a emisión de gases efecto invernadoiro da actividade rexistrada de Nauta Sanxenxo durante a anualidade 2019 baixo o estándar da ISO 14064-1:2012, que arroxou un total de 183,791 toneladas de CO2 e inclúe a medición de tres niveles:

  • Alcance 1: Emisións directas dos focos da propia empresa (combustibles utilizados, vehículos da organización, perdas de refrixerante...)
  • Alcance 2: Emisións indirectas (realizadas pola entidade subministradora do produto) pola enerxía utilizada procedente de redes: eléctrica, calor.
  • Alcance 3: Outras emisións indirectas. É moi amplo e abarca gran cantidade de produtos e servizos como a xestión dos residuos da empresa.

Nauta Sanxenxo, ademais de calcular a pegada de carbono que lle permitirá seguir avanzando na súa política de coidado do medio ambiente, compensa o 100% destas emisións a través de créditos de carbono. Unha colaboración que se traduce na participación en proxectos de absorción de dióxido de carbono rexistrados no mercado voluntario no sector da biomasa. Nauta consegue así a súa Pegada Cero Emisións, e converte ao porto Juan Carlos I en pioneiro na certificación e compensación da pegada de carbono.

0
0
0
s2sdefault