Concello de Sanxenxo - A REXENERACIÓN DA CARABUXEIRA AVANZA COA EXTRACCIÓN DE 4.000 METROS CÚBICOS DE AREA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A colocación dos primeiros 20 metros do tubo xeotextil nun extremo da praia comezará esta semana
 
Os traballos de rexeneración da Carabuxeira avanzan a bo ritmo e xa se extraeron os primeiros 4.000 metros cúbicos de area depositada na fronte mariña da praia. Tras a formación do leito no que situará o tubo xeotextil que actuará como dique, a escavadora comezou a formar montículos de area a modo de barreira natural na parte alta da praia para garantir a fixación. O árido estenderase logo até lograr a cota e perfil óptimo para a rexeneración prevista na praia. 
 
A empresa encargada dos traballos iniciará a próxima semana a colocación, nun dos extremos da praia, os primeiros 20 metros do tubo xeotextil que se encherán de area para garantir a súa estabilidade e permanencia no punto elixido. O dragado ao tubo calcúlase que podería durar un ou dous días.
 
Nesta primeira fase está previsto extraer á zona erosionada da praia un total de dez mil metros cúbicos de area, que supoñen mil camións de vinte toneladas de area cada un. A primeira fase desta actuación tapará as rocas que o arrastre das mareas deixou á vista e que ocupan gran parte da antiga praia. Así mesmo, darase máis seguridade e estabilidade aos muros de peche, accesos e vivendas situadas na primeira liña de Carabuxeira, que dende hai anos están expostas ao desgaste das ondas en mareas altas e temporais.
 
Nunha segunda fase, que xa se está tramitando nas distintas administracións competentes como Costas e Portos de Galicia, prevese unhas estruturas de contención permanentes e o dragado final na praia de 25.000 metros cúbicos de area. Ademais, inclúese un paseo marítimo de 360 metros entre Panadeira, Lavapanos e A Carabuxeira que permitirá o tránsito peonil e o goce deste tramo de costa urbana.
 
A fronte da praia está previsto que conte con entre 10 ou 12 metros de area, se as condicións meteorolóxicas permíteno, antes deste verán. Os traballos sufragados con fondos da sociedade municipal Nauta teñen un custo de 123.000 euros e inclúen, ademais, un estudo ambiental de control da actuación valorado en 18.000 euros.
 
0
0
0
s2sdefault