Concello de Sanxenxo - AS BIBLIOTECAS DE SANXENXO, PORTONOVO E VILALONGA PREMIARÁN AOS SEUS SOCIOS MÁIS LECTORES NO DÍA DO LIBRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Ser ávidos lectores terá premio en Sanxenxo. As tres bibliotecas municipais repartirán entre os seus socios máis lectores un libro e un diploma que lles acreditarán como "Socios de Honra" no Día do Libro.
 
Será o número de préstamos realizados ao longo de 2020, un ano complicado no que as instalacións estiveron pechadas durante un longo período e con importantes restricións debido á situación sanitaria, os que determinen quen serán os obsequiados.
Vanse a premiar aos mellores lectores adultos e infantís por cada biblioteca de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga. Un total de sete premios: 3 adultos e 4 infantís debido a un empate no número de préstamo infantís na biblioteca de Portonovo. A estes usuarios outórgaselles tamén a categoría de Socio de Honra o que lle supón duplicar o número de préstamos permitidos, pasando de 5 a 10 libros durante 2021.
As bibliotecas comunicaranllo aos premiados e será a próxima semana cando se lles entreguen os libros e os diplomas.
Establecéronse dúas categorías cos seguintes préstamos prol cada biblioteca:
Adulto:  
  • Portonovo: 105 (libros prestados durante o ano 2020)
  • Sanxenxo: 64
  • Vilalonga: 64
Infantil:  
  •  Portonovo: 75 (empate de dous nenos/as)
  • Sanxenxo: 55
  •  Vilalonga: 53
 
0
0
0
s2sdefault