Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ACOMETERÁ O ASFALTADO DO VIARIO QUE VAI DESDE O CRUCEIRO DE MONTE FARO A AIOS EN NOALLA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O orzamento do proxecto ascende a 63.690 euros, dos que 42.262 euros serán sufragados cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

O Concello de Sanxenxo acometerá a mellora do viario municipal que vai desde o cruceiro de Faro a Aios que serve de ligazón entre a parroquia de Noalla e a vía rápida. Os traballos estenderanse ao longo de case un quilómetro de estrada e que debido á alta presión de tráfico atópase nun estado deficiente.

Unha actuación orzada en 63.690 euros dos que 42.262 euros serán sufragados cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) q. O prazo de execución da obra é de dous meses. Os traballos inclúen a limpeza das canalizacións do camiño, a dotación de base do firme, varrido e regularización da superficie, dotación de capa de rodaxe e sinalización horizontal do camiño.
 
O Concello tramitará os permisos pertinentes na Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dado que as actuacións proxectadas están afectadas pola zona de servidume e a afección da estrada autonómica VRG-4.1 polo que será necesario obter a autorización da AXI da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Ademais, deberá contar co visto bo da Consellería de Cultura e Turismo dado que as actuacións proxectadas sitúanse na contorna do Túmulo e Cruceiro de Monte Faro, elementos catalogados na vixente PXOM, e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dado que as actuacións proxectadas no camiño están afectadas por unha zona denominada polo POL como de Ordenación.

0
0
0
s2sdefault