Concello de Sanxenxo - UNHA EXPOSICIÓN CON 72 IMAXES PARA ESPERTAR A MEMORIA E O ORGULLO DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Tres tótems con imaxes antigas da vila mariñeira e das súas xentes locen no inicio da Avenida Rafael Picou, na contorna do mercado de abastos e no campo de San Roque
 
Espertar a memoria e o orgullo de Portonovo eses son os dous obxectivos que a Concellería de Cultura, dirixida por Paz Lago, busca cunha exposición de imaxes antigas da vila mariñeira e das súas xentes que, durante todo o mes de maio, lucirá no inicio da Avenida Rafael Picou, contorna do mercado de abastos e o campo de San Roque.
 
Unha mostra fotográfica procedente dos arquivos da asociación Ollares de Portonovo con imaxes cedidas polos veciños e veciñas da vila nas que se retrata distintos momentos da vida social, laboral, lúdica e litúrxica de finais dos anos 50 até a actualidade. Da selección das fotografías e posta en escena, en colaboración con Cultura, Carlos Carballa "Carramón" que xunto á concelleira Paz Lago visitaron os tres espazos expositivos.
 
A foto máis antiga da exposición corresponde cun momento da rodaxe da película rodada en 1958 en Portonovo, "El Hereje", na que aparecen distintas mulleres da vila que colaboraron como extras. Moi significativas tamén son as fotos da actividade pesqueira do porto, da relevancia de actos sociais como o concurso de redeiras, que atraía centos de persoas de distintos puntos de Galicia, ou mesmo da primeira manifestación veciñal de Portonovo. Tampouco faltan as paisaxes de puntos emblemáticos da vila, agora totalmente transformados, e xa máis recentes de integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Santa Catalina.
 
A exposición xunto ao vídeo realizado en colaboración co Obradoiro de Hostalería do Salnés con receitas do produto estrela da gastronomía do municipio, a raia, enmárcanse dentro das actividades da Festa da Raia que este ano non se vai a poder celebrar debido á situación sanitaria. O Concello non quere deixar pasar, con todo, as datas habituais da súa celebración sen realizar un guiñoa á cita gastronómica. O vídeo compartirase mañá nas redes sociais do Concello de Sanxenxo con distintas elaboracións da raia para animar aos veciños e veciñas a consumir un produto de gran calidade. 
 
0
0
0
s2sdefault