Concello de Sanxenxo - PONLE FREO PREMIA AO POLICÍA LOCAL DE SANXENXO, ABELARDO MARTÍNEZ, POLA SÚA IMPLICACIÓN NA EDUCACIÓN VIARIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O axente recolleu o galardón na categoría "Ciudadano Ponle Freno" da man da presidenta do Congreso, Meritxel Batet
 
Sanxenxo refrenda a súa aposta pola seguridade viaria cun novo galardón a nivel nacional "Ciudadano Ponle Freno" que recolleu o policía local, Abelardo Martínez, no hemiciclo do Senado en Madrid. Un premio que recolleu da man da presidenta do Congreso, Meritxel Batet, e que recoñece a implicación do axente e do propio Concello na educación viaria desde hai máis de tres décadas.
 
Co monicreque do Poli Paco, Abelardo Martínez xunto ao seu compañeiro Manuel Martínez lograron achegar aos centros educativos do municipio a educación viaria dunha forma lúdica e divertida. Unha figura que conta cun importante arraigo en Sanxenxo e que mesmo deu nome ao circuíto viario que desde hai dous anos atópase na entrada do colexio A Florida. Unha iniciativa que quedou como finalista na edición pasada na categoría "Ponle Freno Junior".
 
Martínez acompañado do Poli Paco fixo referencia na recollida do premio ao "virus viario" que se inxectou en Sanxenxo co obxectivo de reducir a sinistralidade e adicou o premio aos seus compañeiros e a todas os policías locais de España que traballan na educación viaria.
 
Mediaset leva 13 anos entregando os premios Ponle Freno co xornalista Matías Prats como mestre de cerimonias e Carlos Sainz como outro dos rostros coñecidos da campaña. Estes galardóns convertéronse xa nunha referencia e están destinados a recoñecer ás persoas, accións, entidades e organismos públicos que contribúen de maneira activa e positiva á mellora da seguridade viaria no noso país. Os gañadores de todas as candidaturas foron fallados por un xurado de expertos de Ponle Freno.
 
En canto ao resto de premiados, o Premio Axa á Innovación e Desenvolvemento en Seguridade Viaria foi para Cascos Intelixentes para usuarios de VMP de Livalla Europe; o Premio Ponle Freno Junior, para Ecoparque de Educación Viaria do Concello de Doña Mencía de Córdoba; o Premio á Mellor Acción de Seguridade Viaria foi para a campaña #PuedoEsperar da Fundación Abertis en colaboración con Cinemas Yelmo e Telefónica, e os dous premios á Traxectoria en seguridade Viaria Ex aequo foron para o Pai Jose Aumente Domínguez, director de Pastoral na estrada da Conferencia Episcopal, e Pedro Tenza, fundador da Escola de Educación Viaria da Policía Local de Elche.
 
0
0
0
s2sdefault