Concello de Sanxenxo - SANXENXO EXPÓN AS SÚAS MEDIDAS ANTICOVID NUN ACTO DA ADEAC XUNTO A OUTROS 7 MUNICIPIOS ESPAÑOIS CON BANDEIRA AZUL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, explicou a parcelación en cuadrículas de Silgar durante o pasado verán

 
Sanxenxo foi un dos oito municipios españois seleccionados pola Adeac para presentar as medidas anticovid levadas a cabo no municipio durante o verán pasado. O obxectivo é realizar un recompilatorio que funcione como guía de comportamento e como referencia para todas aquelas praias do mundo que luzan o distintivo de bandeira azul.
 
O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, explicou esta semana aos máis de 200 representantes municipais, convocados por videoconferencia, a parcelación da praia de Silgar por cuadrículas, a intensificación da limpeza de baños cada hora e media, así como o labor dos informadores de praias para garantir as medidas de seguridade sanitarias levadas a cabo durante o pasado verán. "Sanxenxo conta con 17 bandeiras azuis e sabedes que só se consegue con moito traballo e con recursos. As cuadrículas servíronnos como símbolo de destino seguro", dixo.
 
No acto participaron contando as súas medidas, o Concello de Vélez (Málaga) que explicou a súa sinalización de parcelas mediante máquina limpa-praia; Vigo co seu parcelamento a través de cintas; Tenerife coa separación de grupos burbulla mediante parcelas sinalizadas e acomodador; Islantilla (Huelva) co control de aforamento a través de aplicación móbil e Valencia coa separación de grupos burbulla a través de kits de autoparcelamiento.
 
O municipio Blanes en Xirona tamén participou para achegar a súa medida de concienciación cidadá e control en calas grazas a axentes cidadáns e Castelló cos seus equipos de informadores de praia. Valencia expuxo a súa iniciativa que levou o uso de drones e intelixencia artificial para o control de aforamentos e as Illas Baleares expuxeron as medidas de reforzo no servizo de socorrismo.
 
Sanxenxo xunto a Vigo foron os dous únicos municipios galegos elixidos pola Adeac para expor as súas medidas anticovid levadas a cabo o verán pasado. Algunhas, como a limpeza de praias cada hora e media no caso de Sanxenxo, manterase durante este verán. "As cuadrículas non serán necesarias este verán porque as condicións sanitarias son distintas. A gran afluencia de visitantes de mediados de xullo a finais de agosto e moita xente estará vacinada", explicou Deza.
0
0
0
s2sdefault