Concello de Sanxenxo - SANXENXO INICIA A SÚA AXENDA DE FITUR ASISTINDO Á PRESENTACIÓN DO XACOBEO 2021-2022
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo encamíñase a un verán case normal e traballa para ser un destino cada día máis seguro, limpo e sustentable.  
A primeira tenente alcalde María Deza encabeza a representación institucional de Sanxenxo en Fitur, acompañada por Romina Fernández coordinadora de turismo. Á feira, como é habitual todos os anos, tamén se desprazaron os representantes do CETS, hostaleiros e empresarios do sector turístico de Sanxenxo.   
Hoxe, día de Galicia en Fitur, o Presidente da Xunta presentou un ambicioso e atractivo programa do Xacobeo 2021-22 que servirá para impulsar a actividade turística e económica de Galicia. Ao acto asistiron os representantes institucionais e económicos de Sanxenxo. Hoxe tamén se celebrou unha reunión do Comité Interdestinos de Calidade do que forma parte Sanxenxo.   
Cada semana que pasa o goberno percibe novos sinais que apuntan a unha importante recuperación da actividade turística. Están a reactivarse reservas hostaleiras a un ritmo que hai unhas semanas era impensable, a ocupación de apartamentos turísticos prevese mesmo superior ao ano pasado cando xa tivo un bo comportamento e a demanda de casas para comprar e alugar está a ser moi alta como as propias inmobiliarias confirmaron recentemente en medios de ámbito galego e nacional.      
A estes sinais súmase un recente informe de Caixabank que vén redundar no mesmo sentido, xa que prevé que se incremete un 30% o gasto dos turistas nacionais. Un dato moi relevante para Sanxenxo pois a gran maioría dos nosos visitantes son de orixe nacional. O estudo da entidade bancaria calcula que a recuperación da actividade turística este verán non chegará aos niveis previos ao covid, pero quedará moi preto, a 16 puntos porcentuais do dato do verán de 2019. 
O ano pasado Sanxenxo puxo en marcha unha serie de medidas que lle axudaron a ser considerado un destino seguro. Medidas que contribuíron a que a caída da ocupación hostaleira fose menor que noutros lugares, Sanxenxo sumou entón o 17% das pernoctaciones de Galicia e o 35% da provincia de Pontevedra segundo o INE. 
A percepción de Sanxenxo como un destino seguro no medio dunha pandemia e conseguir de novo as 17 bandeiras azuis contribúen á mellora da actividade turística. Sanxenxo traballa para ser un destino cada día máis seguro, limpo e sustentable.                                   
 
0
0
0
s2sdefault