Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RECOLLE AS SÚAS 14 Q DE CALIDADE, 12 PRAIAS, A OFICINA DE INFORMACION TURISTICA E NAUTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
María Deza visita o stand de Viaxes InterRías e asiste ás presentacións da Deputación e a Mancomunidade do Salnés  
Sanxenxo dá un paso máis na súa estratexia de apostar pola calidade e a mellora constante de servizos. Nesta sentido María Deza recollerá esta tarde as 14 "Q" de calidade das praias, a oficina de turismo e Nauta Sanxenxo. Ás que hai que engadir os 35 establecementos do sector turístico que xa dispoñen deste distintivo pola calidade do seu servizo. En total, entre o sector público e privado Sanxenxo suma 49 "Q" de calidade das 278 que ten Galicia.  
Dos 19 areais galegos recoñecidos coa "Q" de calidade, 12 están en Sanxenxo e son: Areas, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Montalvo, Pragueira, Major, Foxos, Panadeira, Areas Gordas e A Lapa. Estes recoñecementos súmanse ás 17 praias con bandeira azul, os 6 sendeiros azuis, o porto deportivo Juan Carlos I e A Telleira. Ademais doutras dúas bandeiras que non dependen do Concello, pero son igualmente importantes, como os clubs náuticos de Sanxenxo e Portonovo. 
En definitiva, o Concello e o sector traballan en equipo co único obxectivo de ofrecer cada ano máis e mellores servizos. Se antes da pandemia xa era importante despois desta, a calidade e a sustentabilidade convértense en dúas condicións imprescindibles para ser un destino turístico de éxito.    
Doutra banda, María Deza visitou o stand de Viaxes InterRías, unha axencia de viaxes maiorista que se creou en Sanxenxo en 1987 e se converteu nun exemplo de éxito e bo facer do que todos estamos orgullosos. Viaxes InterRías é líder nacional do mercado de grupos e circuítos nacionais con delegacións repartidas por toda España. A súa ampla oferta de camas, a contratación directa, a calidade e o prezo converteron a esta axencia na referencia nacional dos circuítos turísticos. 
Nunha axenda apertada do seu segundo día en Fitur os membros da delegación do Concello puideron asistir ás presentacións dos plans turísticos da Mancomunidade do Salnés e a Deputación de Pontevedra. A promoción do organismo provincial dilles aos españois que agora si é o momento de vir gozar da cultura, a gastronomía e o patrimonio da provincia de Pontevedra.
0
0
0
s2sdefault