Concello de Sanxenxo - SANXENXO ASISTE Á PRESENTACIÓN DA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA E O CAMPIONATO EUROPEO DE VELA DE 6 METROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A coincidencia da Feira da Cebola e a saída da etapa da Volta Ciclista de España farán máis grande o día da patroa Santa Rosalía.        
A normalidade da actividade turística recupérase volvendo acoller eventos deportivos para os que Sanxenxo demostrou a súa capacidade de organización e a súa gran infraestrutura hostaleira.   
Este ano en Sanxenxo vanse a desenvolver 3 eventos relevantes, unha carreira do Campionato Galego de Rallyes, a saída da penúltima etapa da Volta Ciclista a España e o Campionato de Europa de Vela da clase de 6 metros, que terá continuidade no 2022 coa celebración do Campionato do Mundo da mesma categoría. 
O Porto Deportivo de Sanxenxo será o punto de saída da vixésima etapa da Volta Ciclista a España o próximo 4 de setembro, unha cita que coincide coa festividade de Santa Rosalía e a Feira da Cebola. Sanxenxo será o escenario da maridaxe entre as bicicletas e as verduras e hortalizas, que son unha parte esencial da dieta dos ciclistas. 
A volta desprazará a Sanxenxo 23 autobuses, 120 vehículos e até 15 trailers que se situarán na Praza do Mar e a contorna portuaria. Un evento que atraerá a Sanxenxo a 23 equipos ciclistas co seu persoal de apoio e a 1.130 xornalistas de 341 medios de até 34 nacionalidades diferentes. 
A emisión da saída en televisión ten unha estimación de audiencia de 2,2 millóns de telespectadores. A carreira partirá do porto deportivo e percorrerá o Paseo de Silgar, o Paseo de Baltar para volver pola rúa Progreso, avenida de León, Bordóns e A Granxa en dirección a Mos onde finaliza a etapa. 
O Campionato de Europa de Vela vaise a celebrar do 10 ao 18 de setembro o que desprazará a Sanxenxo preto dun milleiro de persoas. Os equipos que virán con moita anticipación ao comezo das regatas e os sponsors e os medios de comunicación que se encargarán de cubrir esta disciplina deportiva.
O Real Club Náutico de Sanxenxo organiza esta competición na que participasen 33 equipos de Gran Bretaña, Finlandia, Alemaña, Estados Unidos, Dinamarca, Francia, Suíza, Portugal, Suecia, España, etc. En 2022 celebrarase en Sanxenxo o Campionato de Mundo de Vela da clase 6 metros coincidindo por primeira vez nas mesmas augas o europeo e o mundial. 
Sanxenxo acreditou (Volvo Ocean Race 2005) a súa capacidade para organizar competicións de ámbito internacional. As magníficas condicións da ría para a vela, as instalacións do porto deportivo e o traballo conxunto do Club Náutico e o Concello son unha garantía de éxito.                         
 
0
0
0
s2sdefault