Concello de Sanxenxo - SETE NOVAS EMPRESAS DE DISTINTOS SECTORES ASENTARANSE EN ONCE PARCELAS DO PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O parque empresarial de Nantes continúa coa súa consolidación como un dos motores económicos de Sanxenxo na xeración de emprego directo e indirecto do municipio. O crecente interese de firmas de distintos sectores por instalarse nas parcelas aínda libres é evidente. Ás últimas licenzas concedidas relacionadas co mundo da alimentación, Xesnova Global e Mercadona, que abrirá o seu establecemento proximamente, súmase agora unha nova, tamén de alimentación, dedicada á venda e tratamentos de moluscos cunha nave que ocupará dúas parcelas cunha superficie de 2.400 metros cadrados.
 
Ademais, outras seis empresas atópanse en distintas fases de tramitación para asentarse no parque empresarial. Unha empresa de material de construción que ocupará 2.400 metros cadrados en dúas parcelas; un bazar que se situará en tres parcelas cunha superficie total de 3.600 metros cadrados; unha firma de lavado de coches-gasolineira que se situará nunha parcela de 1.200 metros cadrados; unha firma do sector do metal que se asentará nunha parcela de 2.050 metros cadrados e unha empresa de bebidas que se asentará nunha parcela de 1.500 metros cadrados.
 
No parque empresarial atópanse xa en activo outras empresas como Eroski, Inelsa, Carpiglob e Madeiras Villanueva, así como A Illa, Andeona Solucións S.L. e Escavacións Dopesa, que están en distintas fases de tramitación e construción.
 
O parque empresarial conta con 243 parcelas, 20 son municipais, e o resto, 223 son para actividades de distinto tipo tanto comercial como industrial. Na actualidade, as parcelas con actividade, licenza concedida e en construción ou tramitación suman 63.000 m2 do total dos 355.000 m2 dispoñibles para a actividade económica. "Estamos ilusionados co ritmo de ocupación do parque empresarial e máis se temos en conta o parón económico pola pandemia. Sanxenxo xa ten ou seu plan B económico que complementa ao turismo" dixo Telmo Martín   
0
0
0
s2sdefault