Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ACONDICIONA O SENDEIRO DA PRAIA DE MAJOR COA RENOVACIÓN DO VALADO E A PONTE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación conta cunha subvención dos fondos Next Generation dentro do plan de Embelecemento do Litoral

O Concello de Sanxenxo iniciou esta mesma semana os traballos de acondicionamento do sendeiro da praia de Major coa renovación do valado perimetral que se atopaba en moi mal estado e da ponte que permite cruzar o río. Esta actuación, xunto á rehabilitación dos aseos da praia de Foxos, inclúese dentro dunha subvención dos fondos Next Generation dentro do plan de Embelecemento do Litoral de 43.538,22 euros. O Concello asume o 10% restante, 4.837 euros, do total que ascende a 48.375,80 euros. Ademais, persoal municipal de xardíns está a realizar unha limpeza da contorna retirando as plantas invasoras próximas ao espazo dunar para evitar que sigan estendéndose.

A nova ponte será de plástico reciclado, con acabado símil madeira, composto por vigas encapsuladas de aceiro galvanizado, entarimado de táboa e unha varanda de plástico reciclado antiescalable con pasamanos. O valo perimetral é tamén de plástico reciclado con acabado símil madeira, formado por postes verticais reforzados no seu interior con aceiro.

Con esta subvención tamén se acometerá a reforma e renovación completa dos aseos da praia de Foxos para adaptalos a persoas con mobilidade reducida que incluirán ademais un cambiador de cueiros. Tamén incluirán secadores de mans eléctricos e dispensadores de hidrogel.

O concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza, visitou a actuación de Major que está previsto que conclúa a próxima semana. "Sanxenxo mellora cada ano as súas instalacións e os servizos de praias para que poidan ser desfrutadas cos estandares de calidade que esixe o noso destino", sinala.

logos

0
0
0
s2sdefault