Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PROTEXERÁ O CARÁCTER PÚBLICO DA LANZADA POLO SEU ALTO VALOR PATRIMONIAL E PAISAXÍSTICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Tacha de falsas as afirmacións recollidas nunha convocatoria da Comunidade de Montes de Noalla nas que aseguran que perigan as festas

A Comunidade de Montes de Noalla convocou este domingo unha asemblea na que utiliza ao Concello como chibo expiatorio do seu fracaso xudicial pola titularidade do monte da Lanzada. Despois de máis de 20 anos de litixios xudiciais, co custo económico que iso supón, todas as instancias fallaron en contra da comunidade de montes de Noalla. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Audiencia Provincial de Pontevedra e os xurados de montes de Pontevedra e Galicia suman cinco resolucións en contra da demanda dos comuneiros de Noalla.

O presidente da Comunidade de Montes, en lugar de informar as resolucións aos comuneiros e veciños de Noalla en xeral, ocultou que os tribunais non lle deron a razón en ningunha das tres zonas que reclamaba: aos comuneiros do Grove, o istmo da Lanzada (que forma parte do deslinde de Costas) e, tampouco, os terreos onde se sitúa o campo de fútbol, o colexio e un triángulo de terreo adxacente a estes que os tribunais recoñecen que son do Concello.

Máis aló da titularidade dos terreos que os tribunais deixaron claro, o máis importante é que se trata de espazos de alta protección pola súa riqueza patrimonial e natural. O istmo da Lanzada contén bens de alto valor patrimonial e do mesmo xeito que os terreos do Concello forma parte da Rede Natura 2000. "Un uso privativo dos veciños resultaría canto menos contraditorio coa declaración de Rede Natura 2000, Lugar de Interese Comunitario e Zona de Especial Conservación sempre que necesariamente ditas declaracións condicionan os usos que se puidesen realizar", así o recolle a sentenza do TSXG de marzo de 2021.

A convocatoria do domingo afirma que está en perigo a Romaría da Lanzada ou a Festa da Ostra algo que é absolutamente falso. As proteccións europeas como a Rede Natura 2000 e internacional como o convenio Ramsar e patrimoniais que reúnen estes terreos nunca poden ser un problema senón o contrario unha oportunidade para os veciños de Noalla.

Sanxenxo nace no xacemento da Lanzada hai 2.800 anos. A importancia deste enclave na historia de Galicia prolóngase ata ben entrada a Idade Media. Vilalonga e Noalla comparten as 345 hectáreas que integran a Rede natura 2000, calquera que queira ver nestes recursos un problema é que se quedou ancorado no pasado. O goberno traballa para que este patrimonio e estes espazos naturais se convertan nunha oportunidade e unha fonte de progreso de Noalla.

0
0
0
s2sdefault