Concello de Sanxenxo - O CESE DA CHOIVA PERMITE AVANZAR NA IMPERMEABILIZACIÓN EXTERIOR DO PAVILLÓN DE VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 12 de marzo de 2024.- O parón das choivas permite avanzar nos traballos exteriores de impermeabilización exterior do pavillón de Vilalonga coas escavacións nunha lonxitude de 60,20 metros na fachada Oeste e 32,50 metros nas fachadas Norte e Sur. Este baleirado de terra execútase co obxectivo de sanear o muro e evitar a entrada por filtración e capilaridad de auga no interior da instalación deportiva. O alcalde, Telmo Martín, acudiu esta mañá ao pavillón acompañado do concelleiro de Obras, Yago Torres, para supervisar os avances da obra.

Mentres tanto, os traballos atópanse xa moi avanzados no interior co cambio dos falsos teitos nos baños do ximnasio e un vestiario para árbitros. Xa se pintaron a totalidade das estruturas metálicas como cerchas, varandas e soportes ante a aparición de mostras evidentes de oxidación. Tamén se mellorou a iluminación cuns novos focos, impermeabilizouse a cuberta e os voladizos. En determinadas zonas da instalación deportiva desprendéronse os revestimentos verticais principalmente de gresite na planta alta que xa foron substituídos polo mesmo material.

Ademais, nos próximos días cambiaranse a totalidade das portas de vestiarios e acceso a baños de vestiario por unhas de aluminio cunha maior resistencia ao desgaste e á humidade que as actuais. Tamén se cambiará o pavimento deportivo por un novo de madeira.
Na actualidade, o ximnasio carece dunha ventilación adecuada para o correcto uso. Para atallar o problema proxéctase a instalación dun sistema de ventilación forzada que asegure unha renovación do aire óptima.

O proxecto complétase cunha mellora da seguridade na bancada, cambiando a disposición das pezas horizontais a verticais e adecuando os banzos de acceso. Ambas as actuacións xa realizadas.

0
0
0
s2sdefault