Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECOLLE EN MADRID A BANDEIRA DE SENDEIRO AZUL QUE ONDEARÁ NA RUTA FLUVIAL DO RÍO PINTILLÓN EN DORRÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello suma xa 8 insignias, o municipio de España con máis distintivos, con máis de 33 quilómetros de rutas

Sanxenxo, 13 de marzo de 2024.- O concelleiro de Turismo, Juan Deza, recolleu esta mañá en Madrid as bandeiras que certifican os 8 Sendeiros Azuis cos que conta o municipio na Glorieta dos Plátanos no Real Xardín Botánico. Como novidade aos 30 quilómetros xa con este distintivo súmanse este ano os 3,320 quilómetros da senda fluvial do Río Pintillón en Dorrón. Sanxenxo mantense como líder no número de distintivos en España.

O programa Sendeiros Azuis premia e recoñece a conservación e recuperación de sendeiros e itinerarios, transformados en valiosos recursos para a interpretación e a educación ambiental, así como para o desfrute da natureza a través da realización de actividades recreativas, deportivas e turísticas sustentables. Para obter o galardón Sendeiro Azul débense cumprir un conxunto de criterios e indicadores, que se agrupan en catro categorías: características das sendas e trazados; información, señalética e infraestruturas nos sendeiros; conservación e xestión do patrimonio natural e cultural; e uso público dos sendeiros.

Sanxenxo inaugurou con catro rutas a súa listaxe de Carreiros Azuis en 2017: O de Sanxenxo-Portonovo, que transcorre entre os dous núcleos e ten unha lonxitude de 8,61 km; o de Canelas-Punta Cabicastro, que vai desde o extremo máis oriental da praia ata os cantís e mide 3,35 km; o de Montalvo-Major, que une ambos os areais pola costa e ten unha lonxitude total de 6,45 km, e o carreiro máxico da Lanzada, que vai desde a praia de Foxos ata A Lapa e unha lonxitude de 3,03 km. En 2018 sumáronse dous novos, o Sendeiro Litoral Areas-Punta Festiñanzo, entre Areas e o punto máis ao sur, Punta Festiñanzo, con 1,5 km de percorrido, e o de Paxariñas e Montalvo, que transcorre entre as dúas praias e ten unha lonxitude de 3,35 km.

En 2022 sumou a súa primeira ruta polo interior, a de Aldariz, con 6.300 metros, unha nova posibilidade que presentou o programa da Adeac que ata ese momento só admitía carreiros que transcorresen por praias ou portos con Bandeira Azul. En 2024 suma outra polo interior, a do Río Pintillón.

0
0
0
s2sdefault