Concello de Sanxenxo - A ASOCIACIÓN DE ESTUDOS LOCAIS DE SANXENXO PRESENTA A OBRA "PURIFICACIÓN MAYOBRE: PENSAR O MUNDO EN FEMININO"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 13 de marzo de 2024.- A Asociación de Estudos Locais de Sanxenxo organiza o vindeiro sábado, día 16 de marzo, ás 17 horas, no 2º piso do Real Club Náutico de Sanxenxo, a presentación do libro homenaxe á profesora de Filosofía da Universidade de Vigo titulado "Purificación Mayobre: Pensar o mundo en feminino", unha obra que dedica unha parte dos seus estudos á escritora Emilia Pardo Bazán, pioneira do feminismo e que residiu na súa infancia no pazo familiar da Torre de Miraflores en Sanxenxo.

A profesora Purificación Mayobre foi tamén pioneira nos estudos feministas e de xénero en Galicia e no ano 2021 recibiu o 3º Premio Sapientia que outorga un xurado internacional ás persoas que se destacaron pola súa achega ao pensamento filosófico máis vangardista.

Tomarán a palabra no acto o profesor Marcelino Agís, catedrático de Filosofía da USC e presidente da sociedade interuniversitaria de filosofía, que editou a obra. A continuación, falarán as profesoras responsables da edición Alba Iglesias e Rocío Carolo. Pechará o acto a profesora Purificación Mayobre cunha breve charla sobre "Emilia Pardo Bazán, Feminista".

O acto, que se enmarca na programación do Día da Muller, foi organizado pola Asociación de Estudos Locais de Sanxenxo. Colaboran na organización, ademais do Concello de Sanxenxo, o RCN de Sanxenxo e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura.

0
0
0
s2sdefault