Concello de Sanxenxo - A BIBLIOTECA DE PORTONOVO RETOMA O PROGRAMA “COÑECE A TÚA BIBLIOTECA”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Sanxenxo, 21 de marzo de 2024.- A Biblioteca de Portonovo iniciou esta semana unha nova campaña do programa “Coñece a túa Biblioteca” que se leva a cabo desde a Rede de Bibliotecas do Concello de Sanxenxo. Na visita do pasado martes estiveron dous grupos de alumnos de 1º de Educación Primaria do CEIP Portonovo, que, acompañados dos seus mestres, atenderon ás explicacións que lles deron as bibliotecarias sobre o funcionamento das bibliotecas e disfrutaron das historias que lles contarin

A Concellería de Cultura aposta de novo por este programa, que se veu interrumpido pola pandemia e que se retoma, de novo, para familiarizar aos escolares coas Bibliotecas da súa contorna. As visitas escolares son unha actividade de formación de usuarios que pretende achegar aos escolares ao mundo máxico da biblioteca e os libros, dunha forma lúdica e divertida para contribuir ao fomento da lectura, o coñecemento dos servicios e actividades das mesmas. As visitas continuarán despois de Semana Santa con máis grupos e centros educativos de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault