Concello de Sanxenxo - O PAVILLÓN DA FLORIDA ACOLLERÁ A I FEIRA DE ANTIGÜIDADES E COLECCIONISMO SANXENXO EN SEMANA SANTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Será os días 29, 30 e 31 de marzo e a entrada será gratuíta

Sanxenxo, 24 de marzo de 2024.- O pavillón da Florida acollerá a I Feira de Antigüidades e Coleccionismo Sanxenxo os días 29, 30 e 31 de marzo coincidindo coa Semana Santa. A Concellería de Cultura e Eventos, dirixida por Elena Torres, en colaboración coa Asociación Cultural Ferro Vello aposta por esta nova iniciativa que traerá ao municipio antigüidades e obxectos de coleccionista. A entrada será gratuíta.

Ata Sanxenxo desprazaranse coleccionistas de distintos puntos de Galicia, Asturias, León, País Vasco e Portugal que se distribuirán en 31 expositores onde se poderá atopar un amplo abanico de artigos como discos de vinilo, obxectos de porcelana, selos, plumas, reloxos, obxectos de arte sacra... O venres a feira abrirá as súas portas de 17 a 21 horas, o sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas e o domingo de 10 a 15 horas. En canto aos prezos, poderanse atopar artigos desde 0,50 euros ata 800 euros.

A concelleira Elena Torres anima a todos os afeccionados ás antigüidades a achegarse a próxima fin de semana a este evento que vén enriquecer a programación para esta Semana Santa.

0
0
0
s2sdefault