Concello de Sanxenxo - O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE MAIORES FELICITAN Á PORTONOVESA CARMEN UHÍA POLO SEU CEN ANIVERSARIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello ten empadroados un total de nove veciños e veciñas que cumpren entre 100 e 106 anos en 2024

Sanxenxo, 25 de marzo de 2024.- A portonovesa Carmen Uhía recibiu esta mañá a visita do alcalde, Telmo Martín, e da concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, con motivo do seu cen aniversario. Un século de vida que celebrará coa súa familia e pola que recibiu un ramo de flores visiblemente emocionada e agradecida.
Uhía recibiu a Raia de Ouro 2023 pola súa "longa traxectoria vinculada á venda tradicional de peixe". Aos seus 100 anos conta cunha memoria privilexiada e unha boa forma física. Non perdoa o seu paseo polas mañás ata Montalvo coa súa amiga e reza o rosario "de cabeza". O seu segredo pode ser a ausencia de lácteos e conservas na súa dieta ou no trociño de pan despois de cada comida como sobremesa. Aproveitando a visita, pediulle ao alcalde un novo banco no tramo que realiza día a día a pé, unha petición que, por suposto, Martín comprometeuse a cumprir e mesmo a visitar a zona con ela para ver cal é a mellor localización. "É unha sorte que contemos con veciñas como vostede. Merece un banco e moito máis", sinalou Martín.

O goberno decidiu institucionalizar o recoñecemento aos veciños e veciñas de Sanxenxo que alcancen un século de vida. Os cidadáns con cen anos ou máis son un segmento de poboación que, aínda que sexa aínda moi minoritario, está a crecer en Sanxenxo e merecen ser destacados. Ata o momento, o Concello ten empadroados un total de nove veciños e veciñas que cumpren entre 100 e 106 anos en 2024.

0
0
0
s2sdefault