Concello de Sanxenxo - SANXENXO SÚMASE MAÑÁ POR SEXTO ANO CONSECUTIVO Á HORA DO PLANETA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 22 de marzo de 2024.- Sanxenxo sumarase por sexto ano consecutivo á Hora do Planeta o vindeiro sábado 23 e apagará durante sesenta minutos, de 20:30 a 21:30 horas, a Rúa Madrid, o Porto Deportivo, o Paseo de Silgar, a Avenida de Galicia e Rafael Picó. Trátase dunha campaña de mobilización que une a millóns de persoas, cidades e empresas de todo o mundo comprometidas coa conservación da natureza.

Con este novo reto, WWF convida á cidadanía a realizar actividades sustentables e positivas para o medio ambiente, para demostrar que co esforzo conxunto pódese avanzar cara a unha sociedade sustentable e xusta e un futuro resiliente ao clima e de cero emisións netas.

En total, e segundo os datos da organización, máis de 3500 persoas de 106 países e territorios comprometéronse a dar máis de 19.600 horas. "Talvez 60 minutos parecen insignificantes, pero se millóns de persoas en todo o mundo se unen, esa hora convértese en miles de horas de acción polo planeta", conclúe a organización de WWF.

0
0
0
s2sdefault