Concello de Sanxenxo - A ACTUACIÓN PARA RECUPERAR A CANLE DO RÍO DE AREAS E PROTEXER O ESPAZO DUNAR TERÁ UN CUSTO DE 37.000 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello solicitará permiso a Costas para acometer a actuación antes da tempada estival

Sanxenxo, 26 de marzo de 2024.- O Concello de Sanxenxo xa conta co proxecto para recuperar a canle do río de Areas e protexer o espazo dunar que se viron afectados polos temporais do inverno. A actuación terá un custo de case 37.000 euros e será preciso o permiso de Costas para poder executala. Como traballos previos, realizouse un voo fotogramétrico do areal que estima que o volume de terras da escavación é de 2.293 m3.

Os traballos organízanse en catro actividades fundamentais:

  •  Escavación dunha nova canle para devolver a desembocadura a estado natural.
  •  Recheo de area da actual canle con material procedente da escavación.
  •  Recolocación duns 10 metros de lonxitude do dique que se derrubou tras os temporais.
  •  Limpeza da canle no seu tramo inicial ata a súa bifurcación coa nova canle xurdida tras os temporais. Unhas tarefas nas que se debe respectar a vexetación existente, fundamentalmente o Carrizo (Phragmites australis), xa que serve como elemento de retención da area. A zona de limpeza de canle abarcará uns 60 metros lineais de río.

Nos traballos intervirán unha retroexcavadora retirando o material, o cal posteriormente será trasladado mediante dúmper motovolquete cara á zona de vertedura. Para a zona de recheo empregarase unha pa mixta para a súa distribución e explanación. En canto á recolocación de dique realizarase con retroexcavadora. Para o inicio da obra deberán quedar definidos e executados o cerramento perimetral da praia na contorna das obras, os accesos e as delimitacións exteriores.

0
0
0
s2sdefault