Concello de Sanxenxo - SANXENXO REPARTIRÁ 10.830 EUROS EN PREMIOS NUN ÚNICO DESFILE E CONCURSO DE ENTROIDO O PRÓXIMO 9 DE MARZO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A comitiva sairá do Paseo de Silgar, no cruzamento coa Avenida Luis Rocafort, e concluirá no porto de Portonovo

Sanxenxo, 7 de febreiro de 2025.- Sanxenxo vivirá sete días de programación de Entroido a partir do 3 de marzo e concluirá cun único desfile e concurso o próximo 9 de marzo no que o Concello repartirá 10.830 euros en premios en tres modalidades diferentes. A actividade dará comezo o próximo 3 de marzo cos Obradoiros de Entroido para nenos de entre 3 e 12 anos no Pazo Emilia Pardo Bazán en horario de 8 a 15 horas. A inscrición poderá realizarse a partir do 17 de febreiro por sede electrónica de O.A. Terra de Sanxenxo ou no rexistro municipal. O día 3, coa colaboración da Asociación Cultural Abiñadoira, realizarase unha mostra do Entroido de Galicia na Praza Pascual Veiga ás 18:30 horas.

O martes 4, Arra converterase no epicentro do Entroido con xogos, inchables, sorteos e música en directo no campo de festas. Unha actividade organizada pola Asociación Cultural San Cayetano de Arra coa colaboración do Concello, igual que co resto de colectivos. O mércores, 5 de marzo, Portonovo celebrará o Enterro da Sardiña ás 20 horas, organizado pola Comisión de Festas San Cristóbal de Portonovo, e o 7 de marzo, o Colectivo Veciñal Os Cabritos realizará en Vilalonga o Enterro da Cabra ás 20:30 horas.

O día 7, no edificio de Usos Múltiples de Portonovo celebrarase, a partir das 21:30 horas, o Espectáculo de Parodias, conducido por Silvia Dorrón, e coas actuacións humorísticas dos veciños. Haberá un único premio de 200 euros á mellor interpretación e accésit de participación de 50 euros. O 8 de marzo, Portonovo celebrará a X Festa do Jato, organizada pola Asociación Rúa dos Viños de Portonovo, con actividades e sorpresas durante todo o día.

O domingo 9 de marzo, Sanxenxo poñerá o broche de ouro do seu Entroido co Desfile Infantil e Adulto a partir das 16 horas. A comitiva sairá do Paseo de Silgar, no cruzamento coa Avenida Luis Rocafort, e concluirá no porto de Portonovo. Os participantes poderán optar a 10.830 euros en total de 18 premios en tres categorías.

MODALIDADE INFANTIL

Categoría Individual ou Parella
1º Premio: 150 €
2º Premio: 100 €
3º Premio: 80 €

Categoría Grupo
1º Premio: 500 €
2º Premio: 300 €
3º Premio: 200 €

MODALIDADE FANTASÍA (máis de 20 compoñentes)
1º Premio: 1.700 €
2º Premio: 900 €
3º Premio: 600 €

MODALIDADE ADULTOS

Categoría Individual ou Parella
1º Premio: 300 €
2º Premio: 200 €
3º Premio: 150 €

Categoría Grupo ata 20 compoñentes
1º Premio: 800 €
2º Premio: 400 €
3º Premio: 300 €

Categoría Grupo máis de 20 compoñentes
1º Premio: 2.200 €
2º Premio: 1.200 €
3º Premio: 750 €

A data límite de inscrición é o 6 de marzo e a participación será gratuíta. Poderá realizarse a través da sede electrónica de O.A. Terra de Sanxenxo ou no rexistro municipal.

Descarga este archivo (ENTROIDO SANXENXO 2025.pdf)[PDF] ENTROIDO SANXENXO 2025
0
0
0
s2sdefault