Concello de Sanxenxo - EUROTEC FORMA EN SANXENXO A 12 PERSOAS DESEMPREGADAS COMO AUXILIARES DE CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Xunta de Galicia inviste 2,5 millóns para financiar o desenvolvemento dun total de 68 cursos na comarca do Salnés

Sanxenxo, 21 de febreiro de 2025.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Hernández, visitou esta mañá acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Yago Torres, as instalacións da empresa Eurotec situada no parque empresarial de Nantes. A firma, dirixida por Francisco Barca, leva xa dous anos instalada no polígono e funciona como laboratorio de control de calidade e como centro formativo.

Desde hai xa varias semanas, imparte un dos cursos subvencionados pola Xunta de Galicia destinado a desempregados para formar auxiliares de conservación e mellora de montes. “A Xunta destina 2,5 millóns de euros a un total de 68 cursos na comarca do Salnés. Este curso ten unha parte teórica e outra práctica cun total de 280 horas”, apuntou Hernández.

O concelleiro Yago Torres destacou a importancia destes cursos formativos “que poñen no mercado man de obra moi necesaria” e a aposta de Eurotec por establecer a súa sede central en Sanxenxo. “Esta empresa é unha boa mostra de que o plan B económico de Sanxenxo está funcionando”, apuntou.

Pola súa banda, Francisco Barca destacou que o curso ten un dobre obxectivo: “formación para un posible traballo ou conseguir unha certificación de profesionalización”.

 
0
0
0
s2sdefault